Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/375-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38; 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Sello.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 94 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 5 da L.M.T. DC 03.03 O Troncal-Trasiego, rematando no C.T. que se proxecta no Sello, concello de Vigo. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 245 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos Decretos 2617 e 2619/66, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, en concreto, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

962