Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/237-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Campo-Bastón.

Situación: Laracha.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude en LA-30, que parte da L.M.T. Cillobre-Campo da Porta e final no C.T. que se vai construír, en C.T. Campo Bastón tipo aéreo de 25 kVA. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1247