Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Bamipal, S.L.
Enderezo social: polígono de Bamio, n.54; 36600 Vilagarcía de Arousa.
Denominación: central de coxeración en Polig. Indust. de Bamio n.54-Pedroso.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: dous grupos moto-alternadores de 500 kVA cada un, sistemas de control, protección, transformación e conexión a rede. Sistemas auxiliares de recuperación da calor, e de almacenamento de combustible con dous depósitos de 30.000 litros cada un.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
873