Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (116/1996).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro

de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo de separación conxugal número 116/1996, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o trinta de decembro de mil novecentos noventa e seis. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, vou os presentes autos de proceso de familia, sobre separación, seguidos neste xulgado baixo o número 116/1996, por instancia de María Esther Souto Barreiro, representada polo procurador Reimóndez Portela e defendida polo letrado Ferreiro Casal, contra Héctor Castelao Barreiro, en situación procesual de rebeldía.

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta polo procurador Reimóndez Portela en nome e representación de María Esther Souto Barreiro contra Héctor Castelao Barreiro, declarado en rebeldía procesual, e decreto a separación do matrimonio cos efectos legais inherentes ó dito pronunciamento e os que se deixan expostos nos fundamentos de dereito desta resolución.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente sentencia ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente establecidas.

Firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida arriba foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado Héctor Castelao Barreiro, en situación procesual de rebeldía, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

97-1417