Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (253/1996).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de divorcio (5*) seguidos neste xulgado baixo o número 253/1996, por instancia de Mª Lourdes Vilar Botana, representada por Antonio Cuns Núñez, pola presente cédula emprázase a Elicio Daniel Suárez Silveira, en ignorado paradoiro para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñese en dereito, baixo apercibimento que, de non facelo, será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso, sen máis oílo nin citalo, e entendéndose as sucesivas delixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o 18 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

741