Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.092

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (13/1996).

Emilio Alcalá-Zamora y Matilla, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no recurso de casación tramitado nesta sala co número 13 de 1996, do que se fará mención, se dictou a sentencia, o encabezamento e parte dispositiva da cal din así:

«Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Sala do Civil do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, constituída por José Ramón Vázquez Sandes e polos maxistrados César Álvarez Vázquez, Daniel García Ramos, Pablo Saavedra Rodríguez e Pablo A. Sande García.

A Coruña, dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e seis.

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, integrada polos maxistrados que se citan, viu o recurso de casación interposto por Manuel Urbán Blanco e a súa esposa Inés Gómez Montero e por Juan Bautista Gómez Montero, representados todos eles polo procurador Pascual Gantes de Boado González e asistidos polo letrado Manuel de Neira Pol, no que son recorridos Constantino Antonio Prieto Núñez, representado polo procurador Julio López Valcárcel e Constantino Fernández Fernández representado pola procuradora María Dolores Rouco Otero e defendidos, respectivamente, polos letrados Alejandro Fernández Pumariño e Manuel Bermúdez Tellado, contra a sentencia dictada en grao de apelación pola Audiencia Provincial de Lugo con data 9 do pasado mes de maio como consecuencia dos autos de xuízo verbal número 127/1995 seguidos perante o Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción de Becerreá sobre acción negatoria de servidume de paso.

É relator o maxistrado César Álvarez Vázquez.

Decidimos rexeita-lo recurso de casación interposto pola representación de Manuel Urbán Blanco e a súa esposa Inés Gómez Montero e por Juan Gómez Montero, contra a sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Lugo no rolo número 148 de 1996, coñecendo en apelación dos autos do xuízo verbal civil número 127 do 1995, tramitados polo Xulgado

de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá sobre servidume de paso, sen facer especial pronunciamento sobre as custas do recurso debendo confirma-los pronunciamentos relativos a esta materia na sentencia recorrida. Devólvanselle a Audiencia Provincial de Lugo os autos e o rolo que remitíu, en unión do testemuño da presente sentencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen sinaturas».

E para que lles sirva de notificación ós demandados herdeiros de Constantino Prieto dos que se descoñecen as súas circunstancias persoais, así como a súa existencia e o paradoiro, e calquera outra persoa ou persoas descoñecidas para o demandante que se consideren con algún dereito nos inmobles dos demandados, ou que por outro motivo poidan deter algún dereito dominical sobre os predios descritos na demanda denominados Chao de Fillobal, As Arroxiñas, A Costa e Bouzas de Baixo do Camiño, sitas no termo da vila e municipio de Becerreá que se atopan en situación procesual de rebeldía, expido e asino o presente edicto. A Coruña, sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

279