Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.087

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997 pola que se convocan prazas de persoal laboral fixo para o CIS-Madeira.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca probas de selección para cubri-las seguintes prazas de persoal laboral fixo para o CIS-Madeira (Ourense).

a) 1 xefe de área.

b) 1 xefe de unidade.

c) 1 auxiliar administrativo.

d) 1 delineante.

As retribucións de cada unha das prazas convocadas serán as seguintes:

Xefe de área. Máximo 7.245.000 ptas. brutas anuais, dependendo da formación e experiencia aportadas.

Xefe de unidade. Máximo 4.657.492 ptas. brutas anuais, dependendo da formación e experiencia aportadas.

Auxiliar administrativo. 2.173.478 ptas. brutas anuais.

Delineante. 2.526.446 ptas. brutas anuais.

Requisitos xerais.

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disci

plinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas de cada praza.

A) Xefe de área:

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación superior en Enxeñería Industrial, Montes ou Química.

-Experiencia mínima de 3 anos en funcións de xefe de área de enxeñería, producción ou calidade, en industria, empresa dedicada á enxeñería e implantación de sistemas de calidade ou centro tecnolóxico.

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática a nivel de usuario en entorno Windows.

-Bo nivel de inglés.

Valorarase:

-Que a experiencia requirida estea relacionada coa industria da madeira, do moble e os seus compoñentes.

-A realización de proxectos, estudios e outras actividades realizadas no campo da transformación da madeira e moble, así como a participación en cursos de especialización en tecnoloxía da madeira.

-Coñecementos de alemán e francés.

-Estar en posesión do doutoramento ou ter realizado os cursos para a súa obtención.

B) Xefe de unidade:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria en arquitectura superior ou técnica.

-Experiencia mínima de 3 anos en posto técnico, en empresas ou oficina técnica relacionadas co sector da madeira (producción ou aplicación de productos).

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática a nivel de usuario en entorno Windows.

Valorarase:

-A realización de proxectos, estudios, publicacións e outras actividades realizadas no campo dos materiais de madeira (elementos estructurais, decorativos e mobles), así como a participación en cursos sobre a utilización da madeira.

-Coñecementos de inglés, francés e/ou alemán.

C) Auxiliar administrativo:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Graduado escolar ou equivalente.

-2 anos de experiencia acreditada en posto similar.

-Coñecementos acreditados de galego, nivel de perfeccionamento.

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática. Imprescindible o manexo de Word e Excel baixo entorno Windows.

-Igape/SODIGA/INESGA/BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

-Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

Valorarase:

-Coñecementos de inglés, francés e/ou alemán.

-Coñecementos doutras ferramentas informáticas.

D) Delineante:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-FP2 en delineación industrial.

-Experiencia mínima de 3 anos en departamento técnico de industria e oficina técnica de proxectos industriais.

-Coñecementos de deseño asistido por ordenador (CAD).

Outros coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Coñecementos de informática a nivel de usuario en entorno Windows, tratamento de textos, follas de cálculo Excel e Lotus, así como programas para elaboración de medicións e orzamentos (MYDAS ou similar), escaneado e ploteado de planos.

Valorarase:

-Coñecementos de inglés.

Documentación que hai que presentar.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carnet.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

-Curriculum vítae demostrable.

Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Proceso de selección.

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, a petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección, consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica. Versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cubrir este posto, o que terá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica, poderá realizarse nunha ou dúas fases, a criterio do comité de selección, neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal, aqueles candidatos que teñan superado as dúas fases da proba.

Unha vez correxida a proba teórico-práctica, o comité de selección publicará no taboleiro de anuncios do Igape, a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal. Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo.

3. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

97-1617