Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 5 de marzo de 1997, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de auxiliar da función administrativa do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense (convocado por Resolución do 8 de abril de 1996) polo que se convocan os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que, unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios do dito complexo hospitalario, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Provincial do Sergas de Ourense, e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comenzo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría de auxiliar da función administrativa sobre a data e lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria,

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría de auxiliar da función administrativa de persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 14 de marzo de 1997, de conformidade coas seguintes quendas de distribución de aspirantes:

9 horas: De Abad Rodríguez, Consuelo a Balbuena Iglesias, Margarita.

9.30 horas: De Baltar Iglesias, Marina a Casal González, Luis Carlos.

10 horas: De Castaño Lorenzo, Berta a Diéguez Martínez, Natividad.

10.30 horas: De Diéguez Rodríguez, Julia a Fernández Fernández, Mª Magdalena.

11 horas: De Fernández Fernández, Manuela a Gil Ferro, Jesús.

11.30 horas: De Gil Ramos, Mª Isabel a Iglesias Lorenzo, Lina.

12 horas: De Iglesias Mira, Mª Luz a Méndez Pena, Lina.

12.30 horas: De Mera Aviñoa, Manuela a Pardo Torres, Josefa Mª.

13 horas: De Parga Taboada, Mª Isabel a Pulido Araújo, Mª Carmen.

13.30 horas: De Pulido Araújo, Mª José a Rodríguez Fernández, Juan Luis.

14 horas: De Rodríguez Fernández, Manuela Vicenta a Ucha Novoa, Mónica.

14.30 horas: De Valcárcel Grande, Francisco Javier a Viso Cacheiro, José.

Segundo.-O dito exercicio realizarase na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Informática, edificio Politécnico As Lagoas de Ourense.

Terceiro.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Presidente do Tribunal

1413