Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil para a provincia de Lugo (Código 2700205), da provincia de Lugo, asinado o día 21

de novembro de 1996, pola representación da Asociación Empresarial Téxtil e das centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG e de conformidade co disposto no Artigo 90, aportados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de decembro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio téxtil de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afecta e vincula a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadrados no sector do comercio textil, a través da agrupación provincial da dita actividade, comprendidos no ámbito funcional e de aplicación do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio publicado no Boletín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio comprenderán a todo o territorio de Lugo e á súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito personal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio e disposicións ulteriores que a desenvolvan, que se dediquen á actividade de comercio téxtil, quedando excluído o persoal especificado no Estatuto dos traballadores cun contrato que non é constitutivo dunha relación laboral de traballo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo, será desde o 1 de abril de 1996 ó 31 de marzo de 1998, independentemente da súa publicación no BOP.

Artigo 5º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio, deberá ser este denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos salvo o referente á táboa salarial.

Artigo 6º.-Salario base.

Comprende para o período que vai desde o 1 de abril de 1996 ata o 31 de marzo de 1997 as retribucións que figuran nas táboas de salarios anexas.

Para o período que vai desde o 1 de abril de 1997 ata o 31 de marzo de 1998 aplicarase un incremento salarial que sexa o resultado de aplicárlle-lo IPC previsto polo goberno para o ano 1997 ós salarios que figuran nas táboas anexas.

Para o caso de que a 31 de decembro de 1997 o IPC real estatal fose superior ó IPC previsto polo goberno para este mismo período, establécese unha cláusula de revisión en virtude da cal se garante que o incremento salarial para o período que vai desde o 1 de abril de 1997 ó 31 de marzo de 1998 sexa, en todo caso, equivalente ó IPC real estatal do ano 1997, con efectos retroactivos desde o 1 de abril de 1997.

Artigo 7º.-Gratificacións regulamentarias.

A contía das gratificacións de 25 de xullo e de Nadal serán dunha mensualidade, cada unha, dos salarios deste convenio, comprendido o salario base da táboa anexa e a antigüidade.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Aboarana as empresas, en concepto de beneficios, unha paga da mensualidade dos salarios base da táboa salarial deste convenio, incrementada coa antigüidade e, en todo caso, terá que liquidarse, a de cada ano, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 9º.-Sobresoldo de desgaste de vestiario.

Coa finalidade de repara-la deterioración que poida experimenta-lo traballador nas súas pezas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual -que é o que figura no anexo táboa salarios, 2ª columna- para tódalas categorías profesionais, con excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía anteriormente citada. Así mesmo, este sobresoldo permanecerá inalterable polas posibles subidas que experimente o salario base, tendo o carácter de non absorbible.

Artigo 10º

O sobresoldo de desgaste de vestiario devengarase nas doce mensualidades por cada anualidade, sen incluílo nas pagas extraordinarias e de beneficios.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá no devengo de cuadrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base da táboa anexa deste convenio.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido no presente convenio colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días, preferentemente entre os meses de xuño e setembro.

Artigo 14º.-Premio de constancia no traballo.

Para premia-la constancia no traballo, aboaranlle as empresas, ó traballador que se xubile, cun mínimo de 15 anos de servicio, o importe de dúas mensualidades completas das súas retribución vixentes na data de xubilación, incrementadas en dúas men

sualidades máis por cada 10 anos de servicios que excedan dos 15 primeiros. Este premio satisfarase igualmente ós que sexan declarados inválidos permanentes e, reunindo os requisitos expresados anteriormente, deban cesar, por tal causa, na empresa.

Artigo 15º.-Socorro de defunción.

Ó falecemento do traballador, as empresas aboaranlle ó cónxuxe, descendentes ou irmáns que viviran con aquel, e pola orde expresada, un socorro de defunción de tres mensualidades do salario total do causante por canto as 5.000 ptas., que polo subsidio de defunción outorga a Seguridade Social, non alcanzan a cubri-los gastos de enterramento.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe dun 1.500.000 de ptas. que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

A obriga de contrata-la dita póliza entrará en vigor a partir dos 30 días posteriores á publicación do presente convenio no BOP.

Artigo 17º.-Mozo especializado.

Todo traballador que actualmente figure na categoría como mozo e que efectúe traballos como reposición de almacén ou facturación de mercadorías, pasará á categoría de mozo especializado.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen prexuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizaran. As empresas poderán deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais asinantes do presente convenio naqueles supostos nos que os interesados o solicitasen por escrito á dirección da empresa, indicando o número de conta corrente do sindicato á que desexan que se lles transfira o importe da referida cota.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da sua aplicación, constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio, que estará formada por 5 representantes da asociación de empresarios asinante, 3 de CC.OO., 1 de UGT e 1 de CIG, igualmente asinantes. No caso de que non se chegase a un acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 20º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pac

tadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, manténdose as ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 21º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto no presente convenio, rexerá subsidiariamente o texto do acordo para a substitución da ordenanza laboral de comercio publicada no Boletín Oficial del Estado do 9 de abril de 1996 e disposicións posteriores que o desenvolvan e complementen, e as normas laborais de xeral aplicación.

Artigo 22º.-Publicidade.

As empresas expoñerán nos seus centros de traballo un exemplar deste convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados por el.

Artigo 23º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O persoal que á data de incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria levase dous anos de prestación de servicios na empresa, terá dereito a percibir, mentres se atope incorporado a filas, as gratificacións extraordinarias de xullo ou Nadal que coincidan coa dita prestación de servicio.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días en caso de matrimoniio.

b) 2 días en caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

En todo caso o traballador terá dereito, por aplicación do artigo 37 do Estatuto dos traballadores, a licencia retribuída polos motivos e polo tempo previstos no mencionado artigo.

Artigo 25º.-Comisión de seguridade e hixiene.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Téxtil igual ó total das centrais sindicais.

As funcións básicas que a comisión de seguridade e hixiene terá como obxectivos prioritarios son:

1º. Promove-la observación das disposicóns legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º. Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3º. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

5º. Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade social e hixiene no traballo, no sector, e na provincia de Lugo.

Artigo 26º.-Comisión de formación.

As partes sinatarias acordan constituír unha comisión paritaria sectorial provincial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Téxtil igual ó número total de representantes das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómica e central competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector de comercio téxtil, coa finalidade de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar no futuro.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regrada.

-Elabora-los plans formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e á mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Modalidades de contratación.

Os contratos de duración determinada previstos no artigo 15.1.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses. No caso de que se concerten tales contratacións por un prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poda exceder do dito límite máximo.

A posibilidde de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1.b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo, non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Táboa salarial do convenio de comercio téxtil de Lugo.

Vixencia: 1/4/1996 ó 31/3/1997.

Categoría profesionalSoldo

base

PlusSoldo

mes

Retribuc.

anual

Grupo I: Persoal técnico titulado:
Titulado grao superior124.2768.691132.9671.968.432
Titulado grao medio105.6248.464114.0881.685.928
Axudante técnico sanitario93.1868.311101.4971.497.522

Grupo II: Persoal mercantil técnico non titulado:
Director136.7228.846145.5682.156.982
Xefe de división121.1588.655129.8131.921.230
Xefe de persoal118.0678.616126.6831.874.397
Xefe de compras118.0678.616126.6831.874.397
Encargado xeral118.0678.616126.6831.874.397
Xefe de sucursal e súper105.6248.464114.0881.685.928
Xefe de almacén105.6248.464114.0881.685.928
Xefe de grupo99.3998.387107.7861.591.629
Xefe de sección mercantil91.3108.28799.5971.469.094
Encargado establecemento poxa90.0648.27198.3351.450.212
Intérprete80.3027.90588.2071.299.390
Xefe de vendas118.0678.616126.6831.874.397

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante91.3108.28799.5971.469.094
Corredor de praza90.0648.27198.3351.450.212
Dependente86.9548.23395.1871.403.106
Dependente maior95.5128.338103.8501.532.736
Axudante79.8948.14988.0431.296.198
Aprendiz menor de 18 anos49.1997.76856.967831.201
Aprendiz maior de 18 anos (1º ano)50.2927.76858.060847.596
Aprendiz maior de 18 anos (2º ano)56.7847.76864.552944.976
Aprendiz maior de 18 anos (3º ano)63.2767.76871.0441.042.356

Grupo III: Persoal técnico non titulado:
Director136.7228.846145.5682.156.982
Xefe de división121.1588.655129.8131.921.230
Xefe de administración109.3558.509117.8641.742.433
Secretario88.2088.24696.4541.422.072
Xefe de sección administrativa101.8778.418110.2951.629.171

Persoal administrativo:
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.91.3108.28799.5971.469.094
Oficial administrativo e operador máquina contable86.9548.23395.1871.403.106
Auxiliar administrativo e perforista79.8948.14988.0431.296.198
Aspirante ou aux. de caixa menor de 18 anos49.1997.76856.967831.201
Auxiliar de caixa79.8948.14988.0431.296.198
Auxiliar maior de caixa85.8158.21794.0321.385.829

Grupo IV: Persoal de servicios e

actividades auxiliares:

Xefe de sección de servicios99.2798.388107.6671.589.841
Debuxante105.6248.464114.0881.685.928
Escaparatista86.9548.23395.1871.403.106
Axudante de montaxe79.8948.14988.0431.296.198
Delineante80.7338.15688.8891.308.867
Visitador80.7338.15688.8891.308.867
Rotulista80.7338.15688.8891.308.867
Cortador90.1138.27098.3831.450.935
Axudante cortador79.8948.14988.0431.296.198
Xefe de taller80.4628.15188.6131.304.742
Persoal de oficio de 1ª85.0908.21193.3011.374.882
Persoal de oficio de 2ª82.7518.18290.9331.339.449
Persoal de oficio de 3ª81.7138.16989.8821.323.723
Capataz83.5858.19391.7781.352.091
Mozo especializado80.9878.15989.1461.312.713
Ascensorista79.8948.14988.0431.296.198
Telefonista79.8948.14988.0431.296.198
Mozo79.8948.14988.0431.296.198
Empaquetadora79.8948.14988.0431.296.198

Grupo V: Persoal subalterno:
Conserxe79.8948.14988.0431.296.198
Cobrador79.8948.14988.0431.296.198
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro79.8948.14988.0431.296.198
Persoal de limpeza371000

832