Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, das obras de construcción dun edificio para actividades culturais no Castro-Osedo.

De conformidade co disposto no artigo 79 da L.C.A.P., anúnciase concurso polo procedemento

aberto, para adxudica-las obras de construcción dun edificio para actividades culturais no Castro-Osedo, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato as obras de construcción dun edificio para actividades culturais no Castro-Osedo.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 6.898.687 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prazo da adxudicación farase con cargo á partida 452.25.60100 do vixente orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na Secretaría do Concello.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento da adxudicación.

9. Presentación das proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación (Art. 72.2 b L.C.A.P.).

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentacións de proposicións.

11. Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 25 de febreiro de 1997.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

1595