Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación inicial da modificación puntual do PXOU na unidade de actuación número 22 e parque Rosalía de Castro.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete, prestou aprobación inicial á modificación puntual do PXOU no ámbito do parque Rosalía de Castro e unidade de actuación número 22 dese documento de ordenación integral do territorio municipal, sendo formulado este documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, dispoñéndose a rectificación do erro aritmético existente no proxecto de modificación debendo figurar nos apartados 6.1 «Descrición da nova ordenación» e 7.1 que a edificación admisible é de 5.573 m na parcela do actual parque Rosalía de Castro, dispoñéndose o seu sometemento á información pública. Así mesmo, o concello asume o compromiso de poñer á disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios, aptos para a edificación e libres de cargas e gravames

para a execución da sobras do recinto feiral (pavillón e contorno) unha vez que sexa aprobada definitivamente polo Pleno a modificación puntual do plan xeral xa aprobada inicialmente, facultando o alcalde para a formalización dun convenio coa Xunta de Galicia e deputación provincial coa finalidade de termina-la construcción do auditorio e pazo de exposicións e congresos, xa contratada, acondiciona-lo seu interior, realizar instalacións espaciais, e construír un pavillón feiral urbanizando a súa contorna; a súa explotación, mantemento e conservación serán asumidos polo concello unha vez que sexan recibidas as obras executadas de forma provisional. Os terreos necesarios para os accesos e rampas ó pazo de exposicións e congresos poñeranse á disposición da consellería de inmediato para facilita-la execución das obras.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Vicente

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

1588