Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 27 de decembro de 1996, e a Comisión de Goberno en sesión do 3 de febreiro de 1997, adoptaron os seguintes acordos:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) en San Lázaro.

2. Aprobar inicialmente o Plan Especial de Ordenación do Equipamento Administrativo en San Lázaro.

Os expedientes expóñense ó público na Sección de Planeamento e Xestión, durante o prazo dun mes, desde a pubicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP (o cómputo do prazo iniciarase o día da última publicación).

En virtude do disposto polo artigo 102.2º do texto refundido da Lei do solo, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual do PXOU, determina a suspensión, por un período máximo de dous anos, do outorgamento de licencias no ámbito dos solos obxectos de modificación; estes solos son:

-Parcela propiedade da Xunta de Galicia que vai desde a rúa de San Lázaro (polo sur) ata a de Penamaría ((polo norte), -na que se sitúa o antigo hospital de San Lázaro-, hoxe ocupada por dependencias das consellerías de Sanidade e Agricultura.

-Ámbito do Plan Parcial de Penamaría, que se crea con esta modificación, e que está delimitado pola parcela da Xunta ó leste, o PERI-5 e a unidade de xestión I de San Lázaro, polo sur, a unidade de xestión A de Penamaría polo oeste, e a rúa Penamaría polo norte.

-Parcela e casa nº 23 da rúa da Muíña.

-Parcela e casa nº 1 da rúa da Muíña.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

1589