Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de febreiro de 1997 pola que se autoriza a instalación dunha cetaria en San Cibrao-Cervo (Lugo) a favor da entidade mercantil Izamar, S.A.

Visto o expediente iniciado por instancia de Manuel Ángel López López, en nome e representación da empresa mercantil Izamar, S.A. con CIF nº A-74.818.050, con domicilio en San Cibrao, Cervo (Lugo), que con data do 3-7-1996, solicitou concesión administrativa e permiso de actividade para a instalación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: cetaria.

-Situación: San Cibrao, Cervo (Lugo).

-Especies:

Centola (Maia squinado).

Boi (Cancer pagurus).

Nécora (Macropipus puber).

Langosta (Palinurus elephas).

Lumbrigante (Homarus gammarus).

-Superficie ocupada polo establecemento: 521 m.

* Dominio privado: non ten.

* Dominio público: 521 m (incluíndo 67 m de pasarela e 454 m da superficie da instalación, que se reparte en dúas plantas).

-Características das instalacións:

* Planta baixa: 454 m.

1 piscina estabulación: 395 m.

* Planta alta: 454 m.

Zona de manipulación e piscinas de estabulación: 90 m.

2 piscinas estabulación de 5 m.

1 piscina estabulación de 4 m.

3 piscinas estabulación de 3 m.

1 piscina estabulación de 2 m.

Total: 25 m.

Depósitos de auga: 90 m.

Oficinas: 50 m.

* Superficie estabulación total:

8 piscinas (7 planta alta e 1 planta baixa): 420 m (Segundo plano anexo).

Procedeuse á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, artigo 150 do Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e disposicións concordantes.

Tendo en conta que con data do 7 de outubro de 1996, lle foi outorgada por parte do Ministerio de Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de cincocentos vinteún (521) metros cadrados de terreo de dominio público marítimo-terrestre.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

ACORDA:

Acceder ó solicitado, outorgándolle á entidade mercantil Izamar, S.A., concesión para a posta en funcionamento e explotación dunha cetaria de crustáceos dedicada ó mantemento de centola (Maia squinado), boi (Cancer pagurus), nécora (Macropipus puber), langosta (Palinurus elephas) e lumbrigante (Homarus gammarus), sita en San Cibrao, Cervo (Lugo), baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A concesión outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados a partir da publicación da presente orde no DOG, podendo ser prorrogada discrecionalmente por petición do interesado antes de 60 días do seu vencemento, por prazo de igual duración, ata un total de vinte (20) anos.

Para efectos de coordinación interadministrativa, o prazo de vixencia dos títulos habilitantes así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar as concesións do uso e ocupación do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-O emprazamento e mailas obras da instalación do establecemento, axustaranse ós planos e proxecto presentados. O titular da concesión deberá dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses contados a partir da publicación no DOG da presente orde. Desenvolveranse de acordo co sinalado nas condicións xerais da orde ministerial de outorgamento da ocupación do dominio público marítimo-terrestre e quedarán totalmente rematadas no prazo dun (1) ano.

Concluídas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Lugo), para efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. Estas, en terreos a que fai referencia esta concesión, non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecemento. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión ó amparo do disposto na orde ministerial de outorgamento do dominio público marítimo-terrestre con data do 7-10-1996, norma 10, e que será vinculante para esta consellería, a concesión do uso ó que se refire esta orde extinguirase polo incumprimento dalgunha das súas condicións e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Quinta.-O concesionario queda obrigado ó cumprimento do disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia citada, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11, do 13-1-1993) e demais concordantes que lle sexan de aplicación. Igualmente, queda obrigado ó cumprimento das disposicións en vigor relativas

en materia laboral e de protección ás industrias, e cantas disposicións se dicten sobre esta materia.

Sexta.-O outorgamento desta concesión non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles en función das características do establecemento.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1441