Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.032

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (215/1990).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 215/1990, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Darío García Brea, en representación de Caixa de Aforros de Galicia, contra José Fidel Martis Fernández, Fidel Martis Novo e María Manuela Fernández Vilas, en reclamación de cantidade, nas actuacións dos cales se acordou sacar a pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ós demandados:

Casa de planta baixa sita na rúa Cervantes número 15 de Ribeira.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena número 2 (polígono das Fontiñas) o próximo día 7 de abril ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 5.413.947 pesetas, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV 1592/17/215/90 o 20% do tipo do remate.

3. Poderán facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas propostas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán

subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 5 de maio, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será do 75% do da primeira; e caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 4 de xuño, tamén ás once horas, e para ela rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ós debedores para o caso de que non puidese efectuarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1603