Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.033

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (176/1996).

Xosé Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 176/1996 se tramita procedemento xudicial sumario ó amparo do artigo 131 da Ley hipotecaria, por instancia de Xosé Manuel Rodríguez Mosquera contra Coarce, S.L., en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e no termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día catro de abril próximo ás 12 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán propostas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Que os licitadores para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500 unha cantidade igual, polo menos, o 20% do valor dos bens que sirvan de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, sen este requisito non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse propostas por escri

to en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbera licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda, o día nove de maio seguinte, ás 12 horas, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira, o día 20 de xuño, do ano actual ás 12 horas; esta poxa celebrarase sin suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Si por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidera celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, a mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación os debedores para o caso de non poder levarse ó efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa.

Parcela número dez (m-2), do parque de Montouto.

Extensión: douscentos corenta metros cadrados sobre a que existe unha casa composta de semisoto de trinta e tres metros e noventa decímetros cadrados útiles e planta baixa de setenta e sete metros e vintenove decímetros cadrados útiles e planta alta de sesenta e nove metros e setenta e oito decímetros cadrados útiles, aproximadamente, séndolle anexo á edificación o terreo non ocupado por ela. Linda todo: norte, espacio libre configurado como zona común de paso; sur, parcela número 11; este, p-4 e oeste, zona de acceso ás parcelas. Ten na súa entrada (lindeiro oeste), un patio ou pequena zona axardinada común, duns sete metros cadrados. Cota: unha cento cincuentava parte.

Tipo de poxa: 20.000.000 de pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

97-1564