Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química a Juan Carlos Parajó Liñares (praza 13/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo, do 9 de febreiro de 1996 (BOE do 7 de marzo) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de Enxeñería Química, do departamento de enxeñería química, a prol de Juan Carlos Parajó Liñares, DNI nº 33.229.753, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Carlos Parajó Liñares catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de febreiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

1304