Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 29 de xaneiro de 1997 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 1997.

Sendo as instalacións xuvenís un instrumento ó servicio dos xoves, e sendo consciente a Consellería de Familia, Muller e Xuventude da precariedade

e insuficiencia de medios e instalacións axeitadas de que dispoñen as asociciacións xuvenís e demais entidades públicas e privadas que realizan actividades coa infancia e a xuventude, é polo que a través da presente orde regula, baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións propias polas entidades de referencia durante a campaña verán-97, que abrangue do 15 de xuño ó 30 de setembro, coa finalidade de que poidan desenvolve-los seus programas de actividades. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca a presente oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano en curso -que comprende do 15 de xuño ó 30 de setembro-, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

-Dos servicios de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas), que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.

-Xerencia e persoal de servicio.

Artigo 3º.-Destinatarios.

Poderán solicita-lo uso das instalacións de referencia:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servicios á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.

2. O Consello da Xuventude de Galicia e os consellos locais e municipais de xuventude.

3. Corporacións locais.

4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa infancia e a xuventude.

Artigo 4º.-Solicitude.

As solicitudes, subscritas por persoa suficientemente acreditada, presentaranse conforme o modelo normalizado recollido no anexo II desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presesentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Criterios de adxudicación.

1. Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:

a) Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e censadas ou rexistradas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.

b) Consello da Xuventude de Galicia.

c) Corporacións locais.

d) Entidades prestadoras de servicios á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas noutras comunidades autónomas.

e) Outras entidades públicas ou privadas que o soliciten con fins asistenciais.

2. Pola súa banda, dentro do previsto no parágrafo anterior, terán prioridade:

a) As que soliciten un maior número de prazas ata o tope máximo de cada instalación fixado no citado anexo I.

b) As solicitudes das entidades que cubran as prazas por convocatoria aberta e non reservadas exclusivamente ós seus membros ou asociados.

c) As entidades domiciliadas na provincia onde está a instalación que se solicita.

d) As entidades que soliciten instalacións das que non gozaron nos anos anteriores.

e) As que subvencionen o total ou parte da cota que teñen que paga-los participantes.

Artigo 6º.-Resolución.

As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión de valoración constituída para o efecto, e que estará integrada por:

-O subdirector xeral de Xuventude, que será o seu presidente.

-Os catro delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou o funcionario en quen deleguen.

-Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Xuventude designado polo director xeral, que actuará como secretario.

Esta comisión, valoradas as solicitudes conforme os criterios establecidos no artigo 5º desta orde, elevará proposta de resolución ó director xeral de

Xuventude, que deberá resolver nun prazo de 10 días.

A resolución seralle notificada a tódolos solicitantes e publicarase nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xuventude e das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Transcorrido o referido prazo sen que se dicte resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

Artigo 7º.-Reserva de prazas e primeiro pagamento.

1. Recibida a resolución de adxudicación provisional, os beneficiarios están obrigados, no prazo de 10 días:

-A ingresar, en concepto de reserva de prazas, o 15% das taxas correspondentes ás prazas adxudicadas. A dita cantidade non será reintegrable en caso de que decaese a adxudiación realizada por incrumprimento das obrigas expresadas no presente artigo, que a entidade adxudicataria anulase a reserva de utilización da instalación, reducise o número de usuarios previstos ou os días de uso solicitado.

-A presentar, no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada, a seguinte documentación:

a) Breve proxecto de actividades que se van realizar.

b) Acreditación da persoa que subscribíu a solicitude como representante da entidade solicitante.

c) Resgardo do aboamento do 15% expresado anteriormente.

2. Se transcorrido o prazo de 10 días desde a notificación da concesión non se cumprisen os requisitos anteriores, decaerá a adxudicación efectuada, ofertándose as prazas dispoñibles ó seguinte solicitante proposto pola comisión de valoración. En caso de non cubrirse as prazas dispoñibles desta forma, reservaranse pola delegación provincial correspondente a quen as demande.

Artigo 8º.-Autorización de uso temporal.

1. A entidade beneficiaria deberá formaliza-lo documento de aceptación das condicións particulares de uso da instalación de que se trate antes do 15 de maio de 1997, confirmando o nº de prazas solicitadas, e deberá aboa-lo 40% das prazas confirmadas, non tendo dereito a ningún tipo de compensación se o número de usuarios ó inicio da actividade é menor ó confirmado. Este segundo ingreso será a conta da cantidade total que corresponda.

O documento de aceptación das condicións particulares de uso e o resgardo do segundo ingreso

presentaranse no servicio de xuventude da delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que estea a instalación adxudicada.

Así mesmo, presentarán a relación dos responsables que dirixan a actividade e a acreditación das titulacións esixidas en materia de tempo libre.

Cumpridas as condicións anteriores, a delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente facilitará á entidade beneficiaria o documento de autorización de uso temporal da instalación.

2. O pagamento do 45% restante deberá ser aboado pola entidade beneficiaria no momento da incorporación á instalación adxudicada. No caso de que o número de usuarios no momento da incorporación sexa inferior ás prazas confirmadas anteriormente, a entidade só aboará, neste pagamento, a parte correspondente ás prazas reais que vaian ocupar.

Artigo 9º.-Os adxudicatarios estarán obrigados:

1. A cumpri-los requisitos que esixe a lexislación vixente e a observa-las normas de réxime interior da instalación.

2. A responder dos actos que se realicen nas instalacións concedidas e das consecuencias que deles se deriven, así como de toda responsabilidade civil derivada de calquera acto.

Artigo 10º

Os prezos dos servicios ofertados nesta orde serán os recollidos no apartado A do anexo I da Orde do 2 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro).

O aboamento dos diferentes pagamentos regulados nesta orde efectuarase utilizando os impresos destinados para o efecto, que se encontran á disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude ou en calquera delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Xuventude para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

ProvinciaInstalación

Xuño

16-30

Xullo

1-15

Xullo

17-31

Agosto

1-15

Agosto

17-31

Sbro.

1-15

Sbro.

16-30

Totais

Albergue Xuvenil Marina Española Sada (A Coruña)100100200
Albergue Xuvenil Gandarío Bergondo (A Coruña)225175250650
A CoruñaCampamento Xuvenil Espiñeira Boiro (A Coruña)100100
Campamento Xuvenil Virxe do Loreto Porto do Son (A Coruña)50150200
Campamento Xuvenil Furelos Melide (A Coruña)7070
Campamento Xuvenil A Devesa Ribadeo (Lugo)100100250450
Albergue Xuvenil Area Viveiro (Lugo)120120
Residencia Xuvenil Eijo Garay (Lugo)5050100100300
LugoResidencia Xuvenil Irmáns Pedrosa (Lugo)100100
Campamento Xuvenil O Chanto Sarria (Lugo)100100200
Albergue Xuvenil Benigno Quiroga Portomarín (Lugo)50505050200
Campamento Xuvenil Os Chacotes Palas de Rei (Lugo)100100

Ourense

Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)60606060240
Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto Entrimo (Ourense)100100
Albergue Xuvenil As Sinas Vilanova de Arousa (Pontevedra)8080

Pontevedra

Campamento Xuvenil Ponte Maril Forcarei (Pontevedra)70170240
Campamento Xuvenil Illa de Ons (Pontevedra)100100
Residencia Xuvenil Altamar Vigo (Pontevedra)50100100100350
Totais4252003503801.2005357103.800

97-1483