Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 39/1997, do 20 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: 18 R.V.L. 96 P.O.L., alargamento e mellora da E.P. 30-04 de Vilardemouros por San Martín de Lúa a Pontigón, p.k. 2,722 ó 3,700.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 9 de agosto de 1996, acordou aproba-lo proxecto de 18 R.V.L. 96 P.O.L., alargamento e mellora da E.P. 30-04 de Vilardemouros por San Martín de Lúa a Pontigón, p.k. 2,722 ó 3,700 e na sesión do día 30 de setembro de 1996, acordou

solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A Deputación remitíu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborias o día 15 de xaneiro de 1997 baixo o número 401.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitíu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20 de xaneiro 1997, nº 621.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras deberán quedar totalmente rematadas no ano 1997 ó estar cofinanciadas con fondos do FEDER e dos orzamentos xerais do Estado e figurar incluídas no Programa Operativo Local do ano 1996, circunstancia esta que fixo imprescindible acudir a este procedemento dado que para a execución das obras é preciso a ocupación dos bens de propiedade privada, que o procedemento urxente permite ocupar no momento do levantamento das actas previas coa conseguinte axilización do expediente. Por outra banda, a obra para a que se solicita esta declaración consiste no alargamento da calzada e reforzo do firme sendo precisa a ocupación dos terreos privados situados nas leiras da estrada co obxectivo de conseguir unha maior seguridade vial eliminando travesías perigosas e mellorando as comunicacións coa vila de Meira, centro comarcal do contorno e

obxecto dos desprazamentos da poboación rural asentada na zona de influencia desta importante vía de comunicación.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, é declarada a urxente ocupación, pola Deputación Provin cial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente admi-

nistrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 18 R.V.L. 96 P.O.L., alargamento e mellora da E.P. 30-04 de Vilardemouros por San Martín de Lúa a Pontigón, p.k. 2,722 ó 3,700.

Santiago de Compostela, vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1508