Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 119SA/1996 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de

decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 119SA/96

Denunciado: Álvarez Portabales, José.

DNI: 19.430.296

Último enderezo coñecido: Avda. Blasco Ibáñez, 136. 46470 Massanassa (Valencia).

Feito denunciado: non te-lo carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 213 en relación co 195.2

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 140SA/96

Denunciado: Camarasa Ruellas, Carlos.

DNI: 43.705.843

Último enderezo coñecido: r/ Major, 18. 25130 Alguerri (Lérida).

Feito denunciado: guía non válida para o traslado do gando.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 en relación co 32.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 143SA/96

Denunciado: Serans Vidal, Modesto.

DNI: 33.281.277

Último enderezo coñecido: r/ Ajates, 45. 05005 Ávila.

Feito denunciado: traslado de gando sen guía, pasaporte ou reseña, non respectando a inmobilización decretada.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: guía 217.3, Pasap. 7º do decreto 355/94, inmovil. 224 do regulamento en relación co 9.4 da Orde do 27-4-1994.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

-Expediente: 145SA/96

Denunciado: Diego Domínguez, Manuel.

DNI: 52.292.968

Último enderezo coñecido: Rpte. Gandería Zalduendo, S.A. Moheda de Zalduendo (Cáceres)

Feito denunciado: traslado de gando sen estar amparado por guía.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 217.3 do regulamento.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 163SA/96

Denunciado: Becerra Gende, Manuel.

DNI: 32.403.513

Último enderezo coñecido: Ángel del Castillo López, 17-2º D. 15142 Arteixo (A Coruña).

Feito denunciado: non leva-lo libro-rexistro de compravenda e movemento de gando.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 do regulamento en relación co 10 da Orde do 23-8-1995.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

1322