Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 0061G/1995, 069SA/1996 e 080SA/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín

publica-las resolucións do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transocrrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 0061G/95

Denunciado: Barbazán Vázquez, Basilio.

DNI: 76.794.358

Último enderezo coñecido: A Cova, 29. 15173 Oleiros (A Coruña).

Feito denunciado: transporte de gando sen leva-la autorización oficial de traslado.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 Regl. en relación co 3º do Decreto 355/94.

Sanción proposta: 2.500 ptas.

-Expediente: 069SA/96

Denunciado: García Puente, Manuel.

DNI: 32.420.711

Último enderezo coñecido: estrada de Uxes, s/n, Oseiro. 15142 Arteixo (A Coruña).

Feito denunciado: transportar 4 cabezas porcino sen crotais de identificación.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 Regl. en relación co 7º R.D. 255/94, en relación co 26.3 de Orde do 23-8-1995.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

-Expediente: 080SA/96

Denunciado: Martínez López, Gumersindo.

DNI: 32.638.695

Último enderezo coñecido: r/ Irmáns Bugallo, 22-1º. 15624 Ares (A Coruña).

Feito denunciado: transportar 4 ovellas sen autorización oficial de traslado.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 224 Regl. en relación co 1º do Decreto 355/94, en relación co 1º da Orde do 23-8-1995.

Sanción proposta: 75.000 ptas.

1516