Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de protección de animais 001PR/1996 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, deréxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo alcalde do concello, segundo o artigo 24º, apartado 2-a) da Lei 1/1993, do 13 de abril.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 001PR/96

Denunciado: Varela Larralde, Miguel.

DNI: 32.869.632

Último enderezo coñecido: r/ Málaga, nº 11. 24400 Ponferrada (León).

Feito denunciado: entrega de animais vivos como premio.

Tipificación da infracción: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 20.c. Grao leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 002PR/96

Denunciado: Gutiérrez Cobos, Ángel G.

DNI: 09.779.100

Último enderezo coñecido: Pza. Gabriela Mistral, nº 2-3º Dta. 24009 León.

Feito denunciado: entrega de animais vivos como premio.

Tipificación da infracción: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 20.c. Grao leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 005PR/96

Denunciado: Marcos Pérez, Francisco Miguel.

DNI: 42.052.601

Último enderezo coñecido: Trav. Pastoriza, nº 107-baixo. 15142 Pastoriza-Arteixo (A Coruña).

Feito denunciado: exhibición de animais salvaxes en catividade nun establecemento sen autorización.

Tipificación da infracción. Protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 3º.a en relación co 20.m. Grao leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

-Expediente: 006PR/96

Santos Roca, Mª del Carmen.

DNI: 32.761.606

Último enderezo coñecido: Bar a Rúa, r/ Forcarey, 47, A Coruña.

Feito denunciado: exhibición de animais salvaxes en catividade nun establecemento sen autorización.

Tipificación da infracción. Protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 3º.a en relación co 20.m. Grao leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

1321