Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997 pola que se convocan varios cursos sobre prevención de riscos laborais.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola tamén Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse seis cursos sobre prevención de riscos laborais, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

a) Analiza-las esixencias que na Administración pública supuxo a entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais.

b) Expoñe-los dereitos dos traballadores e persoal estatutario sobre esta materia.

c) Sensibilizar ós empregados públicos na importancia dunha lexislación específica, que redunde nunha maior preocupación pola prevención de riscos.

d) Estudia-la actividade preventiva, as súas esixencias e o desenvolvemento dela na Administración pública.

e) Desenvolve-la participación e representación especializada para previr riscos e ofrecer pautas de actuación.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia e da Administración local galega, pertencente ós grupos A e B ou I e II, que teña relación co contido dos cursos.

Terceira.-Solicitudes.

Os interesados que aspiren a participar nun dos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final desta convocatoria, cuberto en tódolos epígrafes. Na solicitude faranse consta-los seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo actualmente desempeñado, segundo o modelo que figura ó final desta convocatoria.

b) Indicación precisa do curso concreto ó que pretende concorrer e da cidade onde se impartirá.

Neste sentido, os solicitantes so poderán pedi-la admisión a un dos seis cursos convocados. As instancias que non cumpran esta condición serán rexeitadas.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios.

Cando o solicite máis dun interesado dunha mesma entidade ou organismo, deberá especificarse, en documento anexo expedido polo xefe do persoal, a orde de preferencia.

A solicitude de incorporación ó curso supón a aceptación expresa das presentes bases e das normas e procedementos polos que se rexe.

A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Cuarta.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Prazo de presentación das solicitudes.

Adíanse as seguintes datas-límite para a presentación das peticións para acceder a esta actividade:

-Cursos en Lugo e na Coruña: ata o 22 de abril de 1997.

-Curso en Ourense: ata o 22 de maio de 1997.

-Cursos en Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo: ata o 5 de setembro de 1997.

Sexta.-Desenvolvemento dos cursos.

Os cursos desenvolveranse de luns a venres, conforme o calendario seguinte:

LugarComezoRemateHorarioPeriodicidade

Lugo19 de maio23 de maio17 a 20Luns a venres

A Coruña26 de maio30 de maio17 a 20Luns a venres

Ourense16 de xuño20 de xuño17 a 20Luns a venres

Santiago de

Compostela

29 de setembro 3 de outubro17 a 20Luns a venres

Pontevedra13 de outubro17 de outubro17 a 20Luns a venres

Vigo27 de outubro31 de outubro17 a 20Luns a venres

Sétima.-Selección.

As solicitudes que reúnan os requisitos das bases 3 e 5 serán seleccionadas segundo os seguintes criterios, e por esta orde:

1. Ter realizado, nos últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados cos contidos temáticos do que se convoca.

2. Menor número de cursos realizados en escolas e institutos de Administración pública.

3. A antigüidade, entendendo como tal a data de ingreso en calquera administración.

A admisión ó curso comunicaráselles directamente ós interesados.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Novena.-Duración.

Cada curso terá unha duración de 15 horas lectivas.

Décima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que acudan con regularidade ó correspondente curso, cando a inasistencia a el non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do mencionado certificado e provocará a baixa no respectivo curso coa perda de tódolos dereitos.

Décimo primeira.-Profesorado.

Estará integrado por maxistrados, profesores de dereito do traballo e da Seguridade Social e persoal funcionario especializado.

Décimo segunda.-Contido.

O temario destes cursos será o seguinte:

Tema 1. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de prevención de riscos laborais. Referencia á normativa da Unión Europea e á normativa internacional.

Tema 2. Política preventiva (I). Obxectivos. Coordinación, colaboración e fomento. Desenvolvemento regulamentario.

Tema 3. Política preventiva (II). Organización: Instituto Nacional de Seguridade Social e Saúde no traballo. Inspección de Traballo e Seguridade Social. Administracións públicas competentes en materia laboral e sanitaria. Coordinación administrativa. Participación institucional. Comisión Nacional de Seguridade Social e Saúde no traballo.

Tema 4. Dereitos e obrigas (I). Regras xerais. Principios da acción preventiva. Especial referencia ás obrigas de fabricantes, importadores e subministradores.

Tema 5. Dereitos e obrigas (II). Do empresario. Avaliación de riscos. Equipos de traballo e medios de protección. Documentación. Coordinación.

Tema 6. Dereitos e obrigas (III). Dos traballadores. Información. Formación. Vixilancia da saúde.

Tema 7. Dereitos e obrigas (IV). Medidas de emerxencia. Risco grave e inminente.

Tema 8. Dereitos e obrigas (V). Protección de traballadores sensibles a determinados riscos. Protección da maternidade. Protección dos traballadores suxeitos a contratos de duración determinada e de traballadores contratados por empresas de traballo temporal para ser postos a disposición.

Tema 9. Os servicios de prevención. Designación de traballadores. Servicios externos. Servicios de prevención. Actuación das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Tema 10. Consulta e participación (I). Regras xerais. Facultades e competencias dos representantes unitarios e sindicais non especializados. A consulta. Particularidades na Administración pública.

Tema 11. Consulta e participación (II). Os delegados de prevención. Concepto e designación. Competencias, facultades e garantías. Obrigas.

Tema 12. Consulta e participación (III). O comité de seguridade e saúde. Composición e facultades. Colaboración da Inspección de Traballo na materia.

Tema 13. Responsabilidades e sancións (I). Suxeitos responsables. Compatibilidade. Competencia.

Tema 14. Responsabilidades e sancións (II). Infraccións e sancións. Tipoloxía. Criterios de graduación. Prescrición.

Tema 15. Responsabilidades e sancións (III). Outras medidas. Requirimentos. Paralización de traballos. Suspensión ou peche do centro de traballo. Limitacións ás facultades de contratar coa Administración.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

1406