Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Mugardos.

Visto o expediente do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Mugardos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-12-1996, subscrito en representación da parte económica polos representantes da corporación e, da parte social, polo delegado de persoal, o día 18-12-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xaneiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio do persoal laboral do Concello de Mugardos

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1.l.-Ámbito de aplicación persoal.

Tódolos acordos recollidos no presente documento serán de aplicación ó persoal laboral que presta os seus servicios no Concello de Mugardos.

Artigo 1.2.- Ámbito de aplicacion temporal.

a) Vixencia do convenio: con independencia da data en que sexa asinado polas partes, aprobado polo pleno da corporación e publicado, este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o primeiro de novembro de 1996, cobrándose un mes dos atrasos que xere o presente convenio no primeiro trimestre do ano 1997.

b) Denuncia do convenio: efectuarase de forma automática cun mes de antelación ó remate da súa vixencia e iniciaranse as negociacións do novo acordo en data posterior ós quince días naturais contados a partir da data de denuncia.

c) Prórroga do convenio: denunciado o pacto e mentres non se acade un novo acordo expreso, manterase en vigor o presente convenio en todo o seu contido normativo, agás no que afecta ó capítulo de retribucións, no que se aplicará o disposto na Lei de orzamentos do Estado para cada ano, e mesmo no que respecta ó calendario laboral aprobado polos órganos competentes, sen prexuízo dos condicionamentos específicos recollidos neste documento.

Artigo 1.3.-Condicións máis beneficiosas.

1.3.1. As melloras establecidas en calquera outra disposición de rango superior e todas aquelas situacións colectivas que sexan mellores cás do presente acordo serán de aplicación, consonte o principio de norma máis favorable para os traballadores laborais do Concello de Mugardos.

Artigo 1.4.-Comisión mixta de seguimento, interpretación e control.

1.4.1. Como órgano de interpretación, seguimento e control, actuará unha comisión paritaria, composta por un membro de cada un dos catro grupos políticos do concello e os dous delegados sindicais que disporán de dobre valor no voto.

Esta comisión será competente para a interpretación, seguimento e control de todo o establecido neste acordo e nos seus anexos, así como para o estudio e aplicación de cantas modificacións normativas se puidesen requirir por cambio da lexislación vixente, así como nas materias que incidan nas condicións socioeconómicas dos traballadores deste concello.

Esta comisión reunirase cantas veces sexa necesario, por petición de calquera das partes.

Deberase pronunciar por escrito sobre os asuntos que figuren na orde do día e os acordos xurdidos no seu seo terán o valor executivo que estime a propia comisión.

No caso de imposibilidade de asistencia de calquera dos membros da comisión de seguimento, interpretación e control, poderán nomear persoal que o substitúa.

Capítulo II

Xornada e calendario laboral

Artigo 2.1.-Xornada de traballo.

2.1.1. A xornada laboral para os traballadores laborais do concello de Mugardos será de 37,5 horas semanais. O cómputo anual será de 1.675 horas.

2.1.2. Os horarios de entrada e saída dos diferentes servicios serán os vixentes na actualidade, durante os meses de xuño, xullo e agosto poderase adianta-la saída en 30 minutos. Os horarios de traballo espe

cíficos de cada servicio van recollidos no anexo I do presente acordo.

2.1.3. Os traballadores laborais do Concello de Mugardos disporán dun descanso de 30 minutos diarios na súa xornada laboral, retribuídos e non recuperables. Durante este período non poderá ausentarse máis do 50% do persoal de cada dependencia ou servicio co obxecto de mante-lo servicio.

2.1.4. Garantiráselle ó persoal que teña que asistir a clases por cursar estudios, o desfrute de quendas fixas de traballo. En determinados casos, logo do estudio e acordo da comisión de seguimento, poderá aplicarse unha reducción da xornada laboral.

Artigo 2.2.-Horas extraordinarias.

2.2.1. Diante da grave situación de paro actual, proponse reducir ó máximo as horas extraordinarias, só aceptadas en casos de xustificada urxencia.

Réxime de valoración das ditas horas:

2.2.2. Cada hora traballada fóra de xornada normal percibirase un 75% máis do estipulado pola hora normal, segundo a seguinte fórmula:

Soldo anual : Núm. de horas anuais,

2.2.3. Por cada hora traballada en festivos, domingos ou en horario nocturno percibirase un 100% máis do estipulado para hora normal.

2.2.4. O pagamento de horas extra poderase substituír pola compensación en tempo cando non supoña un prexuízo para o normal funcionamento dun determinado servicio, logo do informe da representación sindical. Establécese un sistema das horas traballadas fóra do horario habitual por horas libres dentro da xornada laboral, a razón de:

-Por unha hora traballada fóra da xornada normal, unha hora e 45 minutos.

-Por unha hora traballada en festivo ou nocturna, libraranse dúas horas.

-Para este efecto entenderase como xornada festiva os días libres, aínda que non consten no calendario como tales, e como horas nocturnas, as comprendidas entre as 22 e as 6 horas, ámbalas dúas incluídas, así como aquelas que se realicen por necesidades de servicio en prolongación da xornada nocturna.

2.2.5. Cando haxa que proceder ó aboamento das horas extras traballadas, non se excederá o prazo de 2 meses despois de feitas.

2.2.6. Os traballos que deban ser realizados polo persoal municipal fóra da xornada normal de traballo deberán contar coa autorización expresa do responsable de cada servicio.

2.2.7. Facilitarase unha notificación sobre as gratificacións por servicios especiais e extraordinarios realizados no dito período ós delegados e delegadas de persoal.

Artigo 2.3.-Calendario laboral.

2.7.1. O calendario laboral que rexerá para o persoal ó servicio do Concello de Mugardos será o establecido con carácter xeral polos organismos competentes da administración central, autonómica e local.

Establécese ademais como festa propia dos empregados do concello, con carácter retribuído e non recuperable, o día de Sta. Rita. Os traballadores que por razón do servicio, non puidesen desfrutar deste día, terán dereito a un día libre.

Capítulo III

Vacacións, licencias e permisos

Artigo 3.1.-Vacacións.

3.1.1. As vacacións anuais, que terán unha duración dun mes, e serán retribuídas, desfrutaranse segundo o cadro rotatorio que se elabore entre os traballadores laborais e o concello, co obxecto de non prexudica-las prestacións no servicio. O período de desfrute será preferiblemente, durante os meses de verán, de xuño a setembro, salvo que o traballador faga a solicitude expresa de desfrutalas fóra deste período, sen prexuízo de que o mes teña 30 ou 31 días.

3.1.2. As vacacións poderanse fraccionar en dous períodos de 15 días, podéndose desfrutar durante as festas do Nadal.

3.1.3. O período vacacional do persoal laboral que non leve traballado un ano será proporcional ó tempo de servicio que medie entre a data de ingreso e o 31 de decembro do mesmo ano, redondeando o resultado en días por exceso.

3.1.4. Se se produce baixa médica durante o período vacacional, este quedará suspendido. No suposto de que a baixa lle sobreviñese con anterioridade ó comezo das vacacións e subsistise no día sinalado no cadro vacacional para o seu comezo, non empezarán a computarse como tales vacacións para o interesado. Tanto nun coma noutro suposto, no caso de producirse colisión de intereses entre os do traballador que ve modificado o seu cadro de vacacións como consecuencia desa baixa médica e aqueles do seu mesmo servicio ou dependencia que as teñen xa programadas, terán preferencia os últimos sobre os anteriores.

3.1.5. No caso de que o traballadora laboral cesase por xubilación ou falecemento, sen ter disfrutado as vacacións que lle correspondesen, terá dereito, el, ou os seus habentes dereito a que se lle inclúa na liquidación o importe proporcional das vacacións devengadas e non desfrutadas no período de tempo traballado durante o ano.

3.1.6. Vacacións do Nadal: aqueles traballadores laborais que desexen desfrutar de vacacións durante as festas do Nadal, deberán facelo de acordo coa confección de dúas quendas, de tal xeito que non afecte á prestación do servicio.

Artigo 3.2.-Licencias.

3.2.1. Os traballadores laborais do Concello de Mugardos teñen dereito a licencias retribuídas polas causas e tempo seguintes:

a) Por razón de matrimonio, l5 días naturais, podendo ser acumulado ós días de vacacións.

b) Por xestación e parto 16 semanas, que se distribuirán antes e/ou despois do parto ou acumuladas para despois deste. Esta licencia é irrenunciable.

c) Por nacemento dun fillo: o traballador varón, 5 días naturais, ampliables polo tempo necesario, en caso de gravidade e a criterio da comisión de seguimento.

d) No caso de enviuvar, tendo fillos menores de 6 anos, ou diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais que estean ó seu cargo e non realicen actividade retribuída: un máximo de 10 días naturais, desde o novo estado civil.

e) Por adopción, 8 semanas se o neno é menor de 9 meses, e 6 semanas cando a idade sexa entre 9 meses e cinco anos. Para nenos de máis idade, estudiará o caso a comisión de seguimento. Esta licencia só poderá desfrutala un membro da parella, no caso de que os dous traballen no concello.

f) Por voda de familiares, ascendentes ou descendentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: o día da cerimonia. Este día poderá ser ampliado caso de que a voda fose fóra da provincia, logo de xustificación.

g) Por pasamento ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao, ben por consanguinidade ou afinidade: 2 días, no caso de que o suceso se produza na localidade, e catro días se mediase desprazamento.

h) Por pasamento dos familiares seguintes: cónxuxe, parella, ou fillo, 4 días naturais.

i) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

j) Por exames: o día do exame, que poderá ampliarse a criterio da comisión de seguimento.

k) Por doazón de sangue: as horas necesarias.

l) Por enfermidade grave do cónxuxe ou fillo, acreditada a través de certificado médico: 5 días prorrogables polo tempo necesario en casos excepcionais, a criterio da comisión de seguimento.

m) Por asistencia a xuntas, asembleas, congresos, seminarios, etc. de carácter sindical: o tempo de duración e os delegados sindicais que acorde a comisión de seguimento.

n) Por asistencia a cursos, seminarios, etc., relacionados coa función pública, para a formación, perfeccionamento, reciclaxe e promoción profesional: o tempo de duración e o número de asistentes que acorde a comisión de seguimento; neste caso o tra

ballador terá dereito a indemnización por axudas de custo, gastos da viaxe, inscrición e outros.

ñ) Os traballadores do concello poderán ausentarse do traballo durante o tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público (xulgado, etc.).

o) Os traballadores cun fillo menor de 9 meses terán dereito a 1 hora diaria de ausencia do traballo. Ese tempo poderá dividirse en dúas fraccións ou substituírse por unha reducción da xornada laboral en media hora.

Artigo 3.3.-Permisos.

3.3.1. Concederanse ademais os seguintes permisos:

a) Por interese particular: poderanse conceder permisos sen retribución dunha duración determinada que non poderá exceder dos tres meses cada dous anos.

b) Disporase de nove días de permiso ó ano para asuntos propios sen xustificación e retribuídos.

3.3.2. Nas referencias feitas no presente capítulo a días de permisos ou licencias, entenderanse feitas a días naturais, sexan laborables ou non, agás no relativo ós permisos por asuntos particulares que se entenderán sempre como días de traballo.

En todo caso, os días de permiso por traslado de domicilio, concorrencia a exames, enfermidades ou falecemento de familiares deberán coincidir necesariamente co día en que se produza o evento.

Capítulo IV

Asistencia sanitaria

Artigo 4.1.-Gastos médicos non concertados.

Con cargo á partida de melloras sociais, o Concello de Mugardos subvencionará as próteses dentarias, de visión, etc. prescritas por un facultativo e non cubertas pola Seguridade Social, na contía e condicións determinadas nun regulamento que se vai confeccionar que se recollerá ó final deste documento.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 5.1. Os traballadores laborais serán remunerados polo concello, segundo os conceptos e contías que figuran neste acordo.

5.1.1. A ordenación do pagamento de gastos de persoal terá preferencia sobre calquera outro que se deba realizar con cargo ó orzamento ordinario do concello.

5.1.2. O concello entregará a cada traballadora/a laboral a nómina correspondente á súa mensualidade. O modelo de nómina será igual para tódolos traballadores, nela figurarán os conceptos que a compoñen perfectamente definidos. As devanditas nómi

nas entregaranse seladas e asinadas pola persoa competente.

Artigo 5.2.-Conceptos retributivos.

a) Retribucións básicas:

-Salario base.

-Antigüidade

-Pagas extraordinarias.

b) Retribucións complementarias:

-Complemento de destino.

-Complemento específico.

-Complemento de productividade.

-Gratificacións.

Artigo 5.3.-Gratificacións.

5.3.1. As gratificacións responderán a servicios de carácter extraordinario ou especial realizados fóra da xornada normal de traballo, ou indemnizacións por razón do servicio, non podendo ser periódicas no seu devengo, nin fixas na súa contía.

5.3.2. Establécese o seguinte réxime de estimación dos anteditos servicios:

a) Por cada hora traballada fóra da xornada normal, percibirán un 75% máis có estipulado por hora normal.

b) Por cada hora traballada en festivos, domingos ou en horario nocturno, percibirán un 100% máis do estipulado por hora.

Artigo 5.4.-Incremento salarial.

5.4.1. As remuneracións do persoal para 1996 serán incrementadas nos termos aprobados neste convenio.

5.4.2. Así mesmo será de aplicación calquera mellora ou incremento adicional recollido na Lei de orzamentos xerais do Estado.

5.4.3. A revisión salarial será consolidable para tódolos efectos, agás gratificacións e complementos extraordinarios.

5.4.4. En todo caso as retribucións do persoal laboral serán idénticas na súa contía anual ás do persoal funcionario, consonte á seguinte equiparación:

Grupo D: oficial/Aux. Admvo/conductor.

Grupo E: peón./conserxe/limpadores/ordenanzas.

5.4.5. En canto ás remuneracións para o ano 1997 observarase o disposto na Lei de orzamentos do Estado.

Artigo 5.5.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade completa agás o complemento de productividade devengaranse coas nóminas dos meses de xuño e novembro.

Artigo 5.6.-Indemnizacións, desprazamento e axudas de custo.

O persoal do concello percibirá axudas de custo nos seguintes casos:

a) Cando mediase un desprazamento por razón do servicio, a outra localidade.

b) Cando asista, logo de autorización, a cursos de formación, perfeccionamiento, xornadas de traballo, de debate, charlas etc.

c) As contías das axudas de custo serán as establecidas na normativa vixente, en cada caso, ou poderánse compensar en tempo por tempo.

d) Cando o traballador utilice voluntariamente o vehículo propio para facer desprazamentos por razón de servicios especiais, aboaráselle a cantidade de 24 pesetas por km realizado.

Se no suposto anterior o vehículo sufrise algún desperfecto por motivo de sinistro, o concello, logo do informe favorable da comisión de seguimento, farase cargo da contía total da reparación do vehículo e dos gastos de tal contratempo coa dilixencia precisa, sempre e cando o sinistro non se producise por imprudencia temeraria do conductor do vehículo, ou ben que a culpabilidade sexa de terceira persoa, a cal tería que responder destes danos ou ben que careza de cobertura suficiente por parte do seu seguro.

e) Se o desprazamento por razón do servicio ou por asistencia a cursos excede da xornada laboral, o traballador, á parte das indemnizacións por quilometraxe e axudas de custo que lle puidesen corresponder, acumulará as horas de exceso da xornada laboral para o seu posterior desfrute.

Capítulo VI

Condicións sociais

Artigo 6.1.-Condicións xerais.

6.1.1. O concello consignará para o ano 1996, 500.000 ptas. para sufraga-los gastos dos seus traballadores, xubilados e beneficiarios destes, destinados a axudas de carácter social.

6.1.2. A aplicación e distribución destes fondos será como figura no anexo II.

Artigo 6.2.-Baixa laboral.

6.2.1. O concello garantirá a percepción do 100% das retribucións ós traballadores laborais en situación de baixa por enfermidade ou accidente desde o primeiro día.

Artigo 6.3.-Anticipos.

6.3.1. A petición do interesado, o concello concederá ó persoal anticipos de cantidades sobre o soldo e a súa devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen que xeren ningún tipo de xuro.

6.3.2. A contía dos citados anticipos será de ata 2 mensualidades dos haberes totais líquidos, máximo 300.000 ptas.; a devolución efectuarase en 15 meses.

En casos de necesidade extraordinaria, poderanse conceder anticipos de superior contía, logo de estimación da comisión paritaria. O prazo de devolución estimaríase, así mesmo, pola dita comisión paritaria.

En calquera momento, a contía pendente de amortización poderá ser liquidada polo traballador ou traballadora.

En todo caso, o período máximo de devolución solicitado polo persoal non pode excede-la data da súa xubilación.

Non se concederán novos anticipos se o empregado ou empregada non amortizase, o 100% do que tiña concedido con anterioridade, salvo por causa de imperiosa necesidade debidamente xustificada.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir, en caso de necesidade, un anticipo do 90% das retribucións mensuais ordinarias. Farase efectivo de xeito imediato e a cantidade correspondente descontaráselle automaticamente na nómina do mesmo mes.

Artigo 6.4.-Traballador con capacidade física diminuída.

6.4.1. Todo traballador laboral, que por razón de idade ou outras causas teña diminuída a súa capacidade para desenvolve-lo o seu traballo ou oficio habitual, terá dereito a que o concello, logo dos informes médicos e da comisión de seguimento, o destine a outro posto de traballo acorde coas circunstancias sobrevidas e conservando as mesmas retribucións, sempre e cando exista dispoñibilidade e nunca suporá a creación dun novo posto de traballo.

6.4.2. O concello aboará ós traballadores con fillos, cónxuxe ou persoa ó seu cargo, diminuído físico ou psíquico a cantidade de 10.000 ptas. mensuais por cada un, que será aboado na nómina mensual, sempre que o diminuído non perciba ningunha cantidade derivada do rendemento do traballo.

Artigo 6.5.-Seguro de accidentes e asistencia xurídica e responsabilidade civil.

6.5.1. Seguro de vida: o concello concertará unha póliza de seguro colectivo de vida para os traballadores municipais, que cubra os riscos de morte, invalidez permanente e absoluta cos seguintes capitais:

-Morte en calquera circunstancia: 4.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente total e permanente absoluta: 8.000.000 de ptas.

6.5.2. O concello garantirá a prestación de asistencia xurídica a tódolos traballadores laborais que a precisen, por razóns de conflictos con terceiros derivados da prestación do servicio.

Para tales efectos subscribirán unha póliza de seguros que garanta a cobertura suficiente das responsabilidades civís.

Artigo 6.6.-Xubilacións.

6.6.1. Para os traballadores cunha antigüidade mínima de 15 anos, de xubilarse voluntariamente antes de acada-la idade regulamentaria, percibirán unha compensación económica segundo a seguinte escala:

-60 anos: 1.500.000 ptas.

-61 anos: 1.200.000 ptas.

-62 anos: 900.000 ptas.

-63 anos: 600.000 ptas.

-64 anos: 300.000 ptas.

Artigo 6.7.-Recoñecemento médico.

6.7.1. O concello adoptará as medidas precisas para que o persoal laboral poida efectuar un recoñecemento médico completo de periodicidade anual, que constará das probas que figuran no anexo. Asemade poderán realizarse recoñecementos médicos específicos, acordes co posto de traballo

Artigo 6.8.-Protección do embarazo.

A traballadora laboral xestante poderá optar, dentro do mesmo servicio, a ocupar outro posto de traballo distinto ó seu, cando as súas circunstancias físicas así o aconsellen, sendo prescrito polo facultativo correspondente, e logo de proposta dos representantes dos traballadores, e sempre que o servicio o permita. Así mesmo, poderá ausentarse do seu posto de traballo durante o tempo estrictamente necesario para asistir ás clases de preparación ó parto, sendo necesaria a prescrición facultativa e a xustificación semanal de asistencia ás clases.

Capítulo VII

Condicións profesionais

Artigo 7.1.-Normas xerais.

7.1.1. Tódolos traballadores ó servicio do Concello de Mugardos teñen dereito a unha verdadeira carreira profesional, para o cal, o concello potenciará a súa formación profesional mediante o ascenso destes ós postos de traballo de niveis superiores ó grao persoal que todo traballador posúa, dentro dos termos establecidos na lexislación vixente.

7.1.2. A corporación creará e dotará no orzamento anual as prazas e postos de traballo que sexan precisas, tendo en conta os principios de racionalidade, economía e eficacia.

7.1.3. É condición indispensable para calquera clase de mobilidade, provisión ou promoción, a previa existencia do catálogo de postos de traballo, debidamente aprobada polos órganos competentes para isto.

7.1.4. O concello comprométese á confección dun catálogo de postos de traballo onde figuren clara

mente os cometidos e funcións de cada posto de traballo. Ningún posto de traballo deberá cubrirse por adscrición indiscriminada ou arbitraria.

7.1.5. Para a mellora da dignidade persoal e profesional dos traballadores laborais, non se lles poderá asignar nin obrigar a realizar funcións ou tarefas que non garden relación co posto de traballo que desempeñen.

Artigo7.2.-Provisión de postos de traballo.

7.2.1. Todo ascenso para ocupar postos de traballo, ben por vacante ou nova creación, realizaranse por concurso de méritos, segundo baremo que se estableza, o cal determinará como méritos de necesaria consideración, entre outros, os seguintes:

a) A posesión dun grao persoal adecuado.

b) Cursos de formación e perfeccionamento.

Antigüidade, que se estimará coa seguinte orde de prioridade:

-No concello.

-No servicio.

-Os particulares en atención ás características específicas de cada posto.

7.2.2. Efectuarase mediante a oportuna convocatoria entre os traballadores laborais do concello. Tanto a convocatoria como o concurso responderán, en todo caso, ós principios de igualdade, méritos, capacidade e publicidade.

7.2.3. No caso de non presentarse no prazo estipulado nas bases da convocatoria solicitudes para cubri-los postos de traballo, a corporación, logo da proposta informe preceptiva da comisión de seguimento, obrará en consecuencia.

Artigo 7.3.-Promoción interna.

7.3.1. A promoción interna consiste no ascenso dos traballadores dun posto inferior a outro superior.Promoverase sempre polo sistema de concurso de méritos e exame entre os traballadores laborais existentes no cadro de persoal no concello, logo de convocatoria para efecto.

7.3.2. Non se efectuará promoción interna sen a preceptiva relación de postos de traballo.

7.3.3. Quenda restrinxida. Os postos de traballo vacantes e as prazas de nova creación cubriranse por promoción interna, reservándose para tal efecto a porcentaxe que estableza a comisión de seguimento para cada convocatoria. En todo caso, non será inferior ó 50%.

7.3.4. Para poder optar á quenda restrinxida será necesario reuni-las condicións que, en cada caso, sinalen as bases establecidas.

7.3.5. No caso de que a praza ou posto de traballo sexa unha, esta será de quenda restrinxida.

7.3.6. Quenda libre: aquelas prazas ou postos de traballo que non fosen cubertas ou destinadas ó grupo

restrinxido serán as que constitúan a oferta de emprego público anual.

Artigo 7.4.-Órganos de selección.

7.4.1. En toda convocatoria para provisión de postos de traballo, figurará composición do órgano cualificador, quen, en todo caso, contará coa presencia nel de, polo menos, un representante dos traballadores como vocal con voz e voto.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde no traballo

Artigo 8.1.-Organización e participación.

8.1.1. Todo traballador laboral ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e psíquica e á súa saúde, así como a unha axeitada política de seguridade e saúde no traballo e á participación na formulación da política de prevención no seu centro de traballo e ó control e vixilancia das medidas adoptadas para o seu desenvolvemento.

8.1.2.

a) Haberá un delegado de prevención, que poderá ser tanto de persoal funcionario como de persoal laboral, segundo o artigo 35 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

b) As súas funcións serán as recollidas no artigo 36 da citada Lei 31/1995.

8.1.3.

a) O concello estará obrigado a designa-los traballadores encargados do servicio de prevención (S.P.) segundo o artigo 31 da citada Lei 31/1995.

b) Ademais das funcións recollidas no citado artigo, será función primordial do S.P. a elaboración do mapa de riscos que afecten ó persoal do concello, ademais do plan de evacuación e emerxencia.

8.1.4.

Negociarase no prazo máximo de seis meses un regulamento de seguridade e saúde para o persoal do concello.

Artigo 8.2.-Vestiario de traballo e elementos de protección.

8.2.1. O concello proporcionará vestiario de traballo en concordancia co posto de traballo e a función que realice.

8.2.2. A comisión de seguimento velará para que a roupa e os elementos de protección reúnan as condicións adecuadas.

8.2.3. Ós traballadores laborais suxeitos a riscos específicos dotaráselles de roupa ou elementos de protección adecuadas á natureza do risco.

Artigo 8.3.-Botiquín de primeiros auxilios.

8.3.1. En tódolos centros de traballo haberá, como mínimo, un botiquín de primeiros auxilios, debidamente provisto.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 9.1.-Dos delegados e delegadas de persoal.

9.1.1. O concello facilitará o acceso ós medios técnicos e material necesario para o normal desenvolvemento das funcións dos delegados de persoal, non interferindo o normal desenvolvemento da actividade municipal:

-Local de xuntanzas.

-Sala de asembleas.

-Fotocopiadora.

-Teléfono.

-Fax.

-Material de oficina, etc.

Así como aboará os gastos que teñan os representantes sindicais para o desempeño do seu labor.

9.1.2. Recoñécese tamén a capacidade xurídica de obrar de acordo co establecido na lexislación vixente, ós sindicatos e seccións sindicais.

9.1.3. Recoñécense tódolos dereitos sindicais establecidos por lei.

9.1.4. Garántese o dereito á libre sindicación e organización dos traballadores, así como ó dereito á folga coas limitacións impostas pola lei, e á non discriminación, prexuízo, nin sanción, por razóns de afiliación, ó exercicio dos dereitos sindicais.

9.1.5. As horas de libre disposición para cada un dos delegados será de 30 horas ó mes.

Non se consideran computables como horas sindicais, nin as de negociación nin aquelas que se utilicen en reunións con órganos da Adminitración.

9.1.6. Logo de solicitude por escrito da oportuna autorización, poderán consultar e informarse de tódolas cuestións que afecten ó persoal do concello dispoñendo para tal fin do libre acceso, consulta e reproducción gratuíta de toda a documentación relativa ás ditas cuestións, dentro do límite de reserva e non abuso. A negativa da autorización deberá darse por escrito coas motivacións que a xustifiquen.

9.1.7. Os representantes dos traballadores laborais do Concello de Mugardos serán convocados por escrito, facilitándoselle-la orde do día, a tódalas reunións da comisión de persoal, sempre que se vaian tratar temas relativos ou que poidan afectar ós traballadores do concello.

Artigo 9.2.-Garantías sindicais.

9.2.1. Os delegados sindicais non poderán ser sancionados nin despedidos durante o exercicio das súas funcións, nin no ano seguinte ó seu cesamento, como consecuencia das súas actividades sindicais.

9.2.2. Tampouco poderán ser trasladados da unidade, centro ou posto de traballo, en contra da súa vontade expresa, durante o período citado no parágrafo anterior.

9.2.3. Os delegados sindicais non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por razón do desempeño da súa representación.

9.2.4. As reunións da comisión de seguimento ou dos delegados con calquera órgano do concello serán en horas de traballo.

Artigo 9.3.-Asembleas.

9.3.1. O concello comprométese a facilitar un local para a celebración de asembleas xerais ou de centro, e á disposición de tempo de ata un máximo de 25 horas anuais, de conformidade coa Lei 9/1987.

9.3.2. Sen prexuízo do anteriormente establecido, cada centro de traballo poderá realizar asembleas, sempre que sexan de carácter sindical ou de asuntos de trascendencia, dentro da xornada laboral, e dentro da primeira ou da última media hora, con intervención e presencia sempre dalgún delegado sindical, comunicada a súa celebración ó xefe de persoal cunha antelación de dous días hábiles. O dito período de media hora non se poderá computar negativamente para nigún efecto.

Disposicións xerais

Primeira.-Entenderase por cónxuxe, a persoa a quen se ligou o traballador de maneira permanente por vínculo legal ou análoga relación de afectividade. Neste último caso, acreditarase con informe de convivencia para os efectos oportunos.

Segunda.-O feito de que un traballador laboral non realice a súa xornada laboral (por vacacións, ILT, permisos, etc.), non implicará en ningún caso o aumento da xornada laboral do resto dos traballadores dese servicio ou dependencia.

Terceira.-No caso de despedimento improcedente, o traballador poderá optar entre incorporarse ó seu posto de traballo ou ser indemnizado polo concello.

Cuarta.-O concello fará entrega dunha copia deste acordo e as súas posibles modificacións a tódolos traballadores que formen parte do cadro de persoal.

Quinta.-Naqueles puntos non concretados no presente acordo observarase o disposto na lexislación vixente.

Sexta.-Polas festas do Nadal, o concello entregará a cada traballor un paquete valorado na súa totalidade en 350.000 ptas., incrementándose no importe do IPC anual.

Sétima.-Os accidentes que poidan sufri-los traballadores laborais no desprazamento desde o seu domicilio habitual ata o concello e viceversa consideraranse para tódolos efectos accidentes de traballo.

Oitava.-É vontade política dos grupos asinantes do presente convenio que o que queda para chegar á equiparación económica do persoal laboral ó persoal funcionario se faga no ano 1998.

Disposición derradeira

O presente convenio negociado regulador das condicións de traballo e dereitos sindicais do persoal laboral do Concello de Mugardos asínase entre o xefe de persoal e os a delegados do persoal, para someterse logo á ratificación do Concello Pleno nos mesmos termos en que foi acordado na negociación.

As cantidades que corresponda aboar, conforme o anexo II, faranse efectivas nun tempo non superior a dous meses despois de ter presentada factura, logo do informe da comisión de seguimento.

ANEXO I

Táboa salarial dos traballadores laborais do Concello de Mugardos

CargoGrupoS. baseTrienioNivelC. Dest.C.Espec.C.Prod.S./mesExtrasT. ano

L.M.Xor.E35.9018771421.0137.3001.50065.71464.214915.505
Peón L.E71.8021.7551442.02623.99843.000180.826137.8262.402.567
Peón SME71.8021.7551442.02615.7473.000132.575129.5751.847.064
Peón PAVE71.8021.7551442.02619.92320.000153.751133.7512.092.523
Ofic. SMD78.6512.3401648.21510.9173.000140.783137.7831.961.967
Ofic. Aug.D78.6512.3401648.21519.84420.000166.710146.7102.273.942
Ofic. Lix.D78.6512.3401648.21519.97943.000189.845146.8452.500.595
Aux. Adva.D78.6512.3401854.40230.2323.000166.285163.2852.318.990
Asist. S.B129.0384.6701957.49630.2323.000219.766216.7663.067.724
Aparell.B129.0384.6702060.59380.1873.000272.818269.8183.810.452

ANEXO II:

Axudas sociais

-Gardería: 100%

-Preescolar: 10.000 ptas.

-E.X.B.: 15.000 ptas.

-BUP, FP,COU: 18.000 ptas.

-Universidade: 50% da matrícula.

-Oftalmoloxía: 60%, máximo 30.000 ptas.

-Odontoloxía: 60%, máximo 30.000 ptas.

-Audífonos: 100%.

Mugardos, 18 de decembro de 1996.

Polo concello:

Os componentes da comision negociadora:

José M. Varela Toimil

Indalecio Santos Rodríguez

Manuel Fariña Doval

Xoán F. Rico Castro

Polos traballadores:

Os delegados sindicais:

Antonio Pena Fontela

M. C. Fariña Saavedra

1482