Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución dos expedientes sancionadores LU-119/1996 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1991, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro de 1992).

Nº de expediente: LU-119/96.

Denunciado: Miguel Ángel Molina Correa.

Enderezo: Faro de San Cibrao-San Cibrao. Cervo (Lugo).

Precepto infrinxido: Art. 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha (25.001) pesetas.

Nº expediente: LU-121/96.

Denunciado: Ramón Pillado Villarquide.

DNI: 76.545.919

Enderezo: r/ Atalaia, 1-1ºD. San Cibrao. Cervo (Lugo).

Precepto infrinxido: Art. 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cento cincuenta mil (150.000) pesetas.

Nº expediente: LU-166/96.

Denunciado: José Manuel Ameneiros Iglesias.

DNI: 32.622.501

Enderezo: r/ Entre ríos, s/n. Valdoviño (A Coruña).

Precepto infrinxido: Art. 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: un millón unha (1.000.001) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 5 de febreiro de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

1192