Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de limpeza do edificio sede da institución para o ano 1997.

1. Órgano de contratación: Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia. Rúa Ramón Piñeiro, 29, Santiago de Compostela.

2. Data de adxudicación: 30 decembro de 1996.

3. Criterios de adxudicación: valoración por concurso de:

-Solvencia técnica da empresa.

-Plan de execución do contrato.

-Prezo.

4. Ofertas recibidas: seis.

5. Adxudicatario: grupo Eulen, S.A., Estrada de Arteixo, km.1,8 A Coruña.

6. Prezo: 5.194.008 ptas., IVE incluído polo período comprendido entre o 16 de xaneiro e o 31 de decembro de 1997.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1997.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior

1193