Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fan públicas, para efectos de notificación, as propostas de resolución dos expedientes sancionadores LU-175/1996 e LU-183/1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución en expedientes instruídos por infracción á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG Nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4 da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 175/96-LU.

Denunciado: Armando Acebedo Martín.

Enderezo: r/San Miguel, 50-baixo. Ribadeo (Lugo).

Nº de expediente: 183/96-LU.

Denunciado: Armando Acebedo Martín.

Enderezo: r/ San Miguel, 50-baixo. Ribadeo (Lugo).

Celeiro - Viveiro, 5 de febreiro de 1997.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

1204