Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/132-2-4613 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T, Subt. e C.T.S. en explanada, pavillón de deportes.

Situación: Lugo.

Descripcións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.V. 12/20 kV de 1x150 mm Al. Dous centros de transformación de 600 kVA 20.000/400-231±2,5%±5% V, para dar servicio eléctrico ó recinto feiral de San Froilán na explanada pavillón de deportes de Lugo.

Orzamento: 15.752.940 ptas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 20 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1234