Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.
Denominación: peche de anel L.M.T. a 20 kV. Muras-Vilalba.
Situación: Vilalba.
Características técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 620 metros e con cable D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, para peche de anel L.M.T. Muras-Vilalba.
Orzamento: 6.330.300 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 20 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1161