Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-178/1996 e dous máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

I-178/96J. Manuel Rodríguez Núñez

r/ García Lorca, 2-1º C

36209 Vigo

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do

regulamento da Lei de I.F.

Artigo 139 do regulamento

da Lei de I.F.

50.000
I-318/96J. Manuel Cea Rodríguez

r/ Vilagarcía, 12-2º Esq.

36209 Vigo

Queima en época prohibida.Artigo 138 a) do

regulamento da Lei de I.F.

Artigo 139 do regulamento

da Lei de I.F.

10.000
I-407/95Ramón S. Dopazo Asorey

r/ Pablo Iglesias, 20-2º A

36210 Vigo

Abandono dun vehículoArtigo 137 e) do

regulamento da Lei de I.F.

Artigo 139 do regulamento

da Lei de I.F.

50.000

1235