Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.
Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en edificio Hipótilo, S.L. en Avda. das Americas.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable 1x150, mm Al. Designación UNE D.H.V. 15/25, cunha lonxitude de 170 metros. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/398-230 V, para subministración eléctrica ó edificio Hipólito en Avda. das Americas, Lugo..
Orzamento: 4.847.965 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran
no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 16 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1165