Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/348-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Lourenzo II.

Situación: concello de Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 683 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56,

sobre apoios de formigón, desde o apoio n.46 da L.M.T. Cangas-Ratóns rematando no C.T. que se proxecta en San Lourenzo II, concello de Moaña. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1168