Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/86-2-4338 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, 27000 Lugo.

Denominación: traslado de C.T. en casta de Muimenta.

Situación: Cospeito.

Características técnicas: traslado centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-220 V, para dar servicio eléctrico a varios veciños de Muimenta, concello de Cospeito.

Orzamento: 3.845.520 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 17 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1164