Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/51-2-4303 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación na parroquia de Orbazai.

Situación: Lugo.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e torres metálicas, cunha lonxitude de 795 metros. Dous centros de transformación de 50 e 100 kVA. 20.000/380-220 V, sobre torres metálicas. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Torre-Vilar de Carballo, parroquia de Orbazai, concello de Lugo.

Orzamento: 27.431.991 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 17 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1134