Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/53-2-4301 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Fraialde.

Situación: Pol.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm AL, cunha lonxitude de 208 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Tres centros de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V. En Grandavella e Correas. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.740 metros, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Vilarigo, Vilameá, O Mazo, Os Correás, A Granda Vella, parroquia de Fraialde, concello de Pol.

Orzamento: 14.237.907 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 17 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1129