Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/174-2-4667 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.

Denominación: L.M.T. subt. e C.T. edificio Osugasa, r/ Romai.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 130 metros,

realizada en conductor DHZ1, 12/20, de 1x150 mm AL. Centro de transformación de 400 kVA. 20.000/380-220 V, para subministración eléctrica ó edificio Osugasa en r/ Romai en Lugo.

Orzamento: 4.287.414 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 12 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

1130