Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1996 pola que se aproba o Plan Eólico Estratéxico presentado pola Empresa Nacional de Electricidad denominado P.E.E. Endesa-Made. (Expediente IN660A 95/3-0).

Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Endesa-Made, con domicilio social na rúa Príncipe de Vergara nº 187, 28002 Madrid, solicitou a aprobación do Plan Eólico Estratéxico denominado P.E.E. Endesa-Made, onde se recolle o programa de actuacións que se vai desenvolver por un período de 10 anos, cun investimento global estimado de 71.426 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG do 28 de setembro de 1995 e BOE do 15 de setembro de 1995, e presentáronse solicitudes en competencia por

Desarrollos Eólicos, S.A., Seawest España, S.A., Desarrollos Eólicos, S.A., Gamesa, Energía Eólica de Galicia, Parque Eólico de Galicia, Unión Fenosa Emnergías Especiales e Hidroener.

Considerando que no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada se seguiron os seguintes criterios de avaliación dos planes eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos planes.

-Contribución tecnolóxica e efectos industriais dos planes.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do Plan Eólico Estratéxico que se solicita, baseándose no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aproba-lo Plan Eolico Estratéxico P.E.E. Endesa-Made referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 443,2 MW.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do Plan Eólico Estratéxico vincula á Administración e a Endesa-Made, sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferente previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do Plan Eólico Estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Endesa-Made realizará a investigación de 17 áreas, cun investimento total de 400.000.000 de pesetas por área, e deberá presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Endesa-Made iniciará a execución do plan industrial en maio de 1996, e deberá executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada. Así mesmo, Endesa-Made montará nos seus parques eólicos o modelo AE-40 de 500 kW a partir do 2º trimestre

de 1997 salvo que idénticas salvidades ás anteriormente sinaladas fagan aconsellable a instalación doutro modelo.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do Plan Eólico Estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no Plan Eólico Estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do Plan Eólico Estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Endesa-Made poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigacións e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A aprobación outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta aprobación outórgase sen prexuízo e independendemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no plazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación dela, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Endesa-Made

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

Pena grandeMuras0.615.000 4.820.000

0.616.600 4.818.900

0.616.100 4.817.900

0.614.000 4.819.750

XistralMuras

O Valadouro

Abadín

0.613.000 4.817.200

0.616.200 4.816.000

0.617.800 4.813.500

0.613.700 4.812.700

Pena LuísaOurol

O Valadouro

0.613.000 4.824.200

0.614.000 4.824.200

0.618.000 4.821.400

0.618.800 4.819.600

0.616.800 4.819.600

CarbaVilalba0.607.200 4.811.850

0.608.350 4.811.850

0.609.250 4.809.450

0.613.200 4.807.900

0.613.000 4.806.900

0.608.350 4.808.500

BosteloAs Pontes de

García Rodríguez

Muras

0.596.250 4.819.000

0.598.000 4.819.000

0.604.500 4.817.000

0.604.500 4.815.000

0.597.800 4.816.500

BarbanzaBoiro

Porto do Son

A Pobra do

Caramiñal

0.503.300 4.727.250

0.503.850 4.727.250

0.504.950 4.727.000

0.506.750 4.727.000

0.506.750 4.724.600

0.504.950 4.724.600

0.503.850 4.723.300

0.502.600 4.723.300

EscoirasMuras

O Valadouro

0.611.700 4.818.850

0.614.250 4.818.850

0.616.300 4.816.700

0.616.300 4.815.200

A CapelanaCariño

Cedeira

Ortigueira

0.587.400 4.835.200

0.591.400 4.846.600

0.587.800 4.846.600

0.583.300 4.840.000

0.583.100 4.838.900

0.583.650 4.838.350

0.583.100 4.837.800

0.583.800 4.837.100

0.584.382 4.837.617

Estaca de BaresMañón

Ortigueira

0.599.000 4.842.000

0.605.000 4.842.000

0.606.000 4.850.000

0.608.000 4.848.000

NomeMunicipioVértices

X-lonx W Y-lat N

Serra da FaladoiraOrtigueira

As Pontes de

García Rodríguez

Ourol

Mañón

0.593.200 4.830.400

0.602.779,93 4.830.000,84

0.601.995,40 4.823.000

0.600.000 4.823.000

0.600.000 4.818.384,62

0.598.000 4.819.000

0.597.800 4.816.500

0.600.000 4.816.007,46

0.599.923,01 4.812.619,93

0.592.000 4.812.800

0.592.225.88 4.816.112,94

0.595.000 4.817.500

0.592.495,49 4.820.008,51

Pico CedeiraLaracha

Cerceda

0.542.500 4.781.500

0.534.500 4.784.200

0.541.400 4.776.800

0.535.200 4.776.600

Malpica (1)Malpica de

Bergantiños

0.512.200 4.797.400

0.513.100 4.799.200

0.516.400 4.795.500

0.515.800 4.794.000

OrdesOrdes

Abegondo

Carral

0.543.600 4.772.800

0.543.600 4.777.600

0.554.400 4.783.000

0.555.800 4.780.000

0.556.000 4.772.200

Serra de PunagoCastrofeito

Baleira

Baralla

0.635.800 4.772.800

0.639.600 4.774.200

0.646.400 4.753.400

0.642.600 4.751.400

A FonsagradaA Fonsagrada0.649.200 4.767.800

0.649.400 4.780.600

0.660.000 4.780.400

0.659.800 4.767.400

Becerreá

Paradela

Becerreá

Baleira

A Fonsagrada

Navia de Suarna

0.645.600 4.744.400

0.649.200 4.762.600

0.658.400 4.764.800

0.657.800 4.759.000

0.648.600 4.742.200

Península do MorrazoBueu

Marín

Moaña

Vilaboa

0.518.400 4.683.200

0.529.000 4.693.600

0.527.400 4.683.800

(1) De esta área quedará excluída a área delimitada pola poligonal definida polas coordenadas:

X-lonx W Y-lat N

0.513.100 4.798.200

0.513.700 4.798.400

0.513.600 4.797.600

0.513.300 4.797.200

0.512.800 4.797.800

ANEXO II

Documento de síntese

-Plan Eólico Estratéxico

O Plan Eólico Estratéxico tená unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 71.426 millóns de ptas.

-Plan de Investigación Eólica.

A empresa Made realizará a investigación de 17 áreas facendo un investimento total de 400 millóns, acadando un investimento medio de 22.500.000 ptas./área.

* As áreas da Capelada e O Barbanza xa están practicamente realizadas.

Made usará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, debendo non obstante presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación e salvagardándose a confidencialidade dos datos neles rexistrados.

-Plan Industrial.

A empresa Made desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións no referente a novas instalacións.

FábricaLocalidadeInvestimento

(Mptas.)

Estimación

de emprego

Inicio de

construcción

Data de

operación

Producción

UD/Ano

EdificaciónMedios de

producción

PasAs Pontes de García

Rodríguez

10030035/40Xan. 1996Set. 1996400
Multiplicidade ORA Coruña20060050/70Xullo 1996Dec. 1996120

Total2 30090085/120

Así mesmo, a compañía Endesa-Made realizará o 78,97% como mínimo da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas instaladas en Galicia segundo se desagrega na seguinte táboa resumo:

Compoñente% sobre o

aeroxerador

% sobre o

investimento

total

Pas31,5716
Torres18,219,96
Multiplicadores15,489
Xeradores0,00,0
Chasis3,801,31
Buxa (Fundición e mecanizada)0,0O,O
Eixe (Forxa e mecanizado)0,00,0
Coroa (Forxa e mecanizado outros complementos)0,00,0
Freos0,00,0
Capota e protector buxe2,631,39
Control electrónico0,00,0
Armarios eléctricos6,072,92
Grupo oleohidráulico1,210,59
Varios ou outros0,00,0

Total78,97A

41,17

Obra civil e enxeñeríaC

7,60

Infraestructura eléctricaD

28,73

Montaxe e transporteE

2,12

SubtotalB=C+D+E

38,45

Total investimento en GaliciaA+B

79,62

Así mesmo, a porcentaxe total do investimento que se vai realizar en Galicia como mínimo no que se inclúe: obra civil e enxeñería, infraestructura eléctrica, e montaxe e transporte é do (A+B) 79,62%.

Cronograma de actuación industrial.

Neste apartado exponse de maneira resumida o calendario de compras/producción que a empresa

Made desenvolverá para alcanza-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou anteriormente.

Mes/ano% de

fabricación

en Galicia

%

acumulada

Compoñentes

Xaneiro/199622,0522,05Torres, capotas, grupos oleohidráulicos.
Set./199641,4463,49Torres, capotas, grupos oleohidráulicos, pas, chasis e adaptadores, armarios eléctricos.
Dec./19963,2566,74Torres, capotas, grupos oleohidráulicos, pas, chasis e adaptadores, armarios eléctricos multiplicadores (19,5% do seu valor).
Xuño 19973,470,14Torres, capotas, grupos oleohidráulicos, pas, chasis e adaptadores, armarios eléctricos multiplicadores (40% do seu valor).
Xuño 19983,8373,97Torres, capotas, grupos oleohidráulicos, pas, chasis e adaptadores, armarios eléctricos multiplicadores (63% do seu valor).
Xuño 1999578,97Torres, capotas, grupos oleohidráulicos, pas, chasis e adaptadores, armarios eléctricos multiplicadores (93% do seu valor).

Total78,9778,97

1128