Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de concurso aberto e de tramitación urxente, das obras de clave AC-96-152 Muxía e AC-96-187 Valdoviño.

A) Obras:

Clave: AC-96-152 Muxía.

Título: acondicionamento da estrada Bardullas-Vilarmide.

Orzamento: vintetrés millóns cento corenta e nove mil catrocentas vinteúnha pesetas (23.149.421 ptas.).

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: catrocentas sesenta e dúas mil novecentas oitenta e oito pesetas (462.988 ptas.).

Clave: AC-96-187 Valdoviño.

Título: travesía de Meiras, C-646, Ferrol-Valdoviño, p.k. 11,070/12,040.

Orzamento: vinte millóns catrocentas trinta e tres mil catrocentas vintesete pesetas (20.433.427 ptas.).

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c).

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: catrocentas oito mil seiscentas sesenta e nove pesetas (408.669 ptas.).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulametno xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás doce horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de febreiro de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

1460