Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso para adquisición de contedores de residuos sólidos urbanos con destino as corporacións locais da Comunidade Autónoma. (Clave: 97.01.SRSU).

Procedemento aberto

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios administrativos San Caetano.

15704-Santiago de Compostela. A Coruña (España).

Teléfono: (981) 54 43 71

Telefáx: (981) 54 43 43

2. a) Modalidade de adxudicación elixida.

Concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

Orzamento base de licitación: cento dez millóns cento noventa e sete mil novecentas setenta e oito (110.197.978) pesetas.

b) Forma do contrato obxecto da licitación.

Contrato administrativo (ver prego de cláusulas administrativas).

3. a) Lugar de entrega.

Municipios da Comunidade Autónoma de Galicia. España.

b) Natureza e cantidade dos productos que deben subministrarse.

Colectores para residuos sólidos urbanos ata un importe de 110.197.978 pesetas, segundo o prego de cláusulas administrativas e prego de técnicas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto.

Ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios.

Ver punto 1.

b) Data límite para efectua-la súa solicitude.

Durante o período de presentación de ofertas.

6. a) Data límite de presentación de ofertas.

O día 7 de abril de 1997 ás 12 horas.

b) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas:

Ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que debe redactarse.

Galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Europea acompañado de traducción oficial.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas.

Acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura de proposicións:

O día 14 de abril de 1997 ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Garantías esixidas.

Esixirase unha fianza provisional de 2.203.960 pesetas de acordo co establecido no apartado H) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva de 4.407.919 pesetas segundo o definido no apartado I) do cadro de características do citado prego.

Estas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, baseados nas subministracións efectivamente entregadas segundo o prego de cláusulas administrativas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria da contratación.

Escritura pública.

11. Datos referentes á situación do provedor e formalidades necesarias para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor.

Solvencia económica e financeira. Poderase acreditar por cualquera dos medios previstos no artigo 16, da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica. Acreditarase pola relación das principais subministracións, similares ás que son obxecto do presente contrato, efectuadas durante os tres últimos anos con indicación do seu importe, datas e destino público ou privado, ó que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes.

Ver prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

15. Información complementaria.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

16. Data de envío do anuncio á OPOCE.

Día 13 de febreiro de 1997.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1459