Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.835

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997 pola que se eleva a definitiva a proposta do tribunal avaliador do concurso para o acceso ó Corpo de Letrados do Consello Consultivo de Galicia sobre o resultado del e se ordena a súa publicación.

De conformidade coa base IV da convocatoria do concurso para o acceso ó Corpo de Letrados do dito

organismo e a provisión de tres prazas vacantes nel, de acordo coa proposta do tribunal avaliador, elévase a definitivo e faise público o resultado da dita convocatoria.

Por tanto o resultado do concurso de referencia e a orde dos candidatos conforme a puntuación obtida é a seguinte:

José Luis Rodríguez Fernández: 80,25 puntos.

Juan José Gallego Fouz: 80,10 puntos.

Constantino Alvarellos Galve: 77,10 puntos.

A orde anterior determina o ingreso no Corpo de Letrados do Consello Consultivo de Galicia e a situación na escala respectiva.

Contra esta resolución que é definitiva en vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

97-1125