Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta, e de tramitación urxente, das obras que se citan (AC-96-110 Boimorto e catro máis).

A) Obras:

Clave: AC-96-110 Boimorto.

Título: acondicionamento e alargamento en Lavandeira-Areas.

Orzamento: oito millóns setecentas sesenta e dúas mil catrocentas setenta e nove pesetas (8.762.479 ptas.)

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: cento setenta e cinco mil dúascentas cincuenta pesetas (175.250 ptas.).

Clave: AC-96-177 Santa Comba.

Título: urbanización do campo da feira e accesos.

Orzamento: vinteoito millóns setecentas oitenta e tres mil cincuenta e sete pesetas (28.783.057 ptas.).

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría c); grupo C), subgrupo 5), categoría c).

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: cincocentas setenta e cinco mil seiscentas sesenta e unha pesetas (575.661 ptas.).

Clave: AC-96-179 Santiso.

Título: pavimentación de camiños no concello de Santiso.

Orzamento: trinta e sete millóns trescentas catro mil novecentas sesenta e nove pesetas (37.304.969 ptas.).

Clasificación: grupo G), subgrupo 6), categoría d)

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: setecentas corenta e seis mil noventa e nove pesetas (746.099 ptas.).

Clave: C-96-41.

Título: beirarrúas na travesía de Boimorto, AC-234, Arzúa-Corredoiras, p.k. 9,720/10,060.

Orzamento: trece millóns catrocentas dúas mil cincocentas corenta e sete pesetas (13.402.547 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas sesenta e oito mil cincuenta e unha pesetas (268.051 ptas.).

Clave: C-96-42.

Título: acondicionamento da travesía de Igrexafeita C-642.

Orzamento: catorce millóns duascentas trinta e dúas mil sesenta e seis pesetas (14.232.066 ptas.)

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas oitenta e catro mil seiscentas corenta e unha pesetas (284.641 ptas.).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña ás doce horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de febreiro de 1997.

P.O. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

1458