O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1, establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.
Presentada a solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música pola asociación cultural Amigos da Música de Vedra, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Primeiro.-A escola, da que os datos se sinalan no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.
Segundo.-A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 do marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) e ós servicios de inspección correspondentes.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia da Coruña.
Denominación específica: escola música de Vedra.
Titular: asociación cultural Amigos da Música.
Domicilio: Santa Cruz de Ribadulla.
Localidade: Vedra.
Provincia: A Coruña.
1306