A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos na súa reunión do vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete adoptou, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda o acordo que figura como anexo da presente resolución, de prorrogar para 1997 as normas de desenvolvemento do Plan Intersectorial de Competitividade para 1995, publicadas no DOG nº 148, do 3 de agosto de 1995.
Coa finalidade de facilita-lo coñecemento e aplicación do citado acordo ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
ANEXO
Acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para asuntos económicos do 20 de febreiro de 1997.
Prorrógase para 1997 a vixencia do Acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos do 23 de xuño de 1995 sobre normas de desenvolvemento do Plan Intersectorial de Competividade (PIC) 1995.
1400