Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se convocan dous cursos sobre a reforma do código penal.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997 de forma descentralizada, e conforme as funcions atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de dous cursos sobre a reforma do código penal, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo actualiza-los policías no coñecemento do novo código penal.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedar prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Terceira.-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Cuarta.-Prazas.

O número de prazas que se ofertan para cada curso será de 40.

Quinta.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematara ás 14 hors, nas seguintes datas:

-Ribadeo: 23 de abril.

-A Estrada: 21 de maio.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seuintes temas:

Parte xeral:

Principios básicos inspiradores da reforma.

Delictos e penas. As medidas de seguridade.

Período transitorio.

Parte especial:

1. A protección da vida e a integridade física.

2. Os delictos contra a liberdade (referencia especial ós delictos relacionados coa liberdade sexual).

3. Os delictos contra o dereito ó honor, á intimidade, á propia imaxe ou á dignidade humana relacionados coa difusión de ideas, opinións ou información.

4. Os delictos relacionados coa actividade dos funcionarios públicos.

5. Os delictos contra o medio ambiente e a seguridade colectiva.

6. Os delictos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

7. Os delictos relacionados coa seguridade do tráfico (conducción temeraria, negativa do conductor a realiza-la proba de alcoholemia e conducción baixo os efectos de drogas e alcohol).

Sétimo.-Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

-Ribadeo: do 12 ó 16 de maio.

-A Estrada: do 9 ó 13 de xuño.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Oitava.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase nas seguintes datas:

-Ribadeo: o día 30 de abril.

-A Estrada: o día 28 de maio.

A relación de admitidos publicarase no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade,

ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Novena.-Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos concellos de Ribadeo de A Estrada.

-Ribadeo: Casa do Mar, sita na r/ Clemente Martínez Pasarón, 8.

-A Estrada: Casa da Cultura, sita na Avda. Benito Vigo, 92.

Décima.-Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Úndecima.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

635