Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (359/1996).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 359/1996 se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo (Caixavigo) contra Juan Antonio Buján Liñares e María Consolación Pazos Araújo, en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 7 de abril ás 9.30 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo.-Que os licitadores para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya S.A. número 1500-18-035996, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano de procedemento, requisito necesario para seren admitidos, e non se aceptará entrega de cartos en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro.-Poderán participar coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 5 de maio ás 9.30, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 2 de xuño ás 9.30 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte con ela o 20% do tipo de serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación ó debedor ou debedores para o caso de non pode levarse a efecto no predio ou predios poxados.

Ben que se sacan a poxa.

Casa de planta baixa, sinalada co número seis nos Salgueiriños de Arriba, parroquia de San Caetano, en Santiago de Compostela de cincuenta metros cadrados, con terreo a patio unido polo oeste, de quince metros cadrados, formando casa e terreo un só predio de sesenta e cinco metros cadrados; linda: norte, Antonio López Rodríguez; sur, camiño; leste Josefina Coral Suárez e oeste María Santos Fraga.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, número 1, ó tomo 1129, libro 155, folio 8, predio número 17.417, inscrición 2ª.

Tipo de poxa: once millóns seiscentas mil pesetas (11.600.000 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela a dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

97-1194