Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 1997 correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido polo Concello de Malpica un erro na determinación das festas locais para o ano 1997, por proposta da Comisión Municipal de Goberno reunida o 9-1-1997, a delegación provincial desta consellería da Coruña dictou resolución rectificando a anteriormente dictada. Na súa virtude cómpre emenda-la antedita resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais publicada no DOG nº 226, do 19 de novembro de 1996, facendo a pertinente corrección, así:

-Na páxina 10.399, no anexo I, calendario laboral, provincia: A Coruña, onde dí: «44.- Malpica: 11 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de xuño, festas», debe dicir: «44.- Malpica: 11 de febreiro, Martes de Entroido; 30 de maio, festas do Corpus».

1177