Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se convoca un curso sobre técnicas asistenciais de urxencia, socorrismo e primeiros auxilios.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar

no ano 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Ley 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre técnicas asistenciais de urxencia, socorrismo e primeiros auxilios, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

O curso ten por obxectivos coñece-lo significado da técnica asistencial, evidenciar dominio na práctica das técnicas de rescate e auxilio e coñece-la importancia de traumatismos, queimaduras, conxelacións, tratamento en caso de infarto, etc., e a súa gravidade, así como clarifica-la actuación da policía neste tema.

Segunda.-Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, non caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Terceira.-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.

Cuarta.-Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 40.

Quinta.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas o día 15 de abril.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Traumatismos craneoencefálicos e da columna.

b) Traumatismos toraico-abdominais.

c) Resucitacións cardiorespiratoria. Masaxe cardíaco e respiración artificial.

d) O infarto. Anxina de peito.

e) Primeiros auxilios. Hemorraxias. Hemostasia. Feridas.

f) Primeiros auxilios. Queimaduras. Conxelación.

g) Enfermidades infectocontaxiosas: SIDA. Hepatite. Enfermidades de transmisión sexual.

h) Intoxicacións por substancias inxeridas. Drogas e estupefacientes. Envelenamento por ácidos e álcalis, etc.

Sétima.-Datas.

O curso celebrarase do 5 ó 9 de maio.

O horario será de 16 a 20 horas.

Oitava.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 22 de abril, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Novena.-Lugar.

O curso desenvolverase na Casas da Cultura, sita na Avda. Benito Vigo 92, no concello da Estrada.

Décima.-Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso: unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Úndecima.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

1178