Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de febreiro de 1997 pola que se corrixe a do 16 de decembro de 1996 pola que se convocan axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua (capítulo 3 do Programa Sócrates).

Advertido erro na dita orde publicada no DOG número 10, do xoves, 16 de xaneiro de 1997, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

No punto 4.-artigo primeiro non debe figura-lo apartado «c) Profesorado que estea impartindo docencia en ensinanzas secundarias obrigatoria, modalidades de Bacharelato LOXSE, ou ciclos formativos».

No anexo II non deben figura-los puntos «1.2.-Pola condición de catedrátivo adquirida» e «1.3.-Impartr docencia en ESO, ciclos formativos ou modalidades de bacharelato LOXSE».

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1391