Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de febreiro de 1997 pola que se fai público o cadro de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o curso 1997-1998.

A base segunda da Orde do 21 de outubro de 1996 (DOG do 25), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1996 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa, así como as que se orixinasen no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a resolución dos concursos convocados polo Ministerio de Educación e Cultura e os restantes departamentos das administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das competencias en materia educativa, sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde os cadros de profesorado para o curso 1997-1998 en cada centro de bacharelato, de educación secundaria e profesional, de educación secundaria, de formación profesional, escola oficial de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Terceiro.-A publicación dos cadros de persoal e a adxudicación das vacantes no concurso de traslados non supón a futura adscrición do profesorado das especialidades porpias da formación profesional específica.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

1405