Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 1997 Páx. 1.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de febreiro de 1997 pola que se modifica a do 18 de abril de 1996.

A conveniencia de adaptar determinados artigos da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas á nova situación, tanto normativa como no que se refire a determinados prazos e conceptos orzamentarios fixados nela mesma, fai necesaria a modificación deles.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación normativa.

1. Engádese o seguinte texto ó artigo 1º Obxecto. da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996:

«... E no Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro».

2. As referencias normativas dos apartados a) e b) do punto 1 do artigo 2º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, entenderanse referidas, tanto ó Decreto 309/1995, do 23 de novembro, como ó Decreto 29/1997, do 20 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

3. Os conceptos de gastos que figuran no punto 2 do artigo 2º da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 18 de abril de 1996, substitúense polos seguintes:

«0223.71100.77000 0223.71102.77000

0223.71104.77000 0223.71105.77000

0223.71106.77000 0223.71107.77000

0223.71108.77030 0223.71109.77000

0299.71100.77000.99 0299.71102.77000.99

0299.71104.77000.99 0299.71107.77000.99».

4. A referencia ó tipo de cambio do ECU que se fai no parágrafo 2º do apartado 1.c) do artigo 3º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, entenderase a data de entrada en vigor desta orde.

5. Substitúese o texto do artigo 5º. Prazo de presentación de solicitudes, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, pola seguinte redacción:

«O prazo de presentación de solicitudes de axuda no caso de convocatorias mediante convenios que se vaian subscribir coas entidades de crédito fixarase nos ditos convenios, e non poderá supera-lo 31 de decembro de 1997».

6. Modifícase o último parágrafo do artigo 11 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, quedando redactado na seguinte forma:

«En vista das solicitudes recibidas, o Igape poderá, a partir do 30 de setembro de 1997, redistribuí-las porcentaxes anteditas».

7. Substitúese a referencia ó ano 1995 que se fai no último parágrafo do artigo 12, apartado 1.B) polo ano 1996.

8. Modifícase o texto do artigo 12.4º Tipo de xuro mínimo para o beneficiario, substituíndoo polo seguinte texto:

«O tipo de xuro mínimo para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, será o 3% para aqueles proxectos dentro do programa de investimentos que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto; no resto de proxectos de investimentos e programas será o 4%. Nos convenios que se subscriban coas entidades de crédito poderanse establecer límites superiores».

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 13 de xaneiro de 1997, pola que se autorizaba ó Instituto Galego de Promoción Económica a abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de axuda financeira acollidas ó convenio Igape-ICO-Entidades Financeiras de 1996.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

1399