Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de novembro de 1996 pola que se lle outorga a Juan Manuel Toba Insua e Mª Oliva Castro Pérez, permiso de actividade para unha cetaria de crustáceos, sita en Portocubelo, Lira, Carnota (A Coruña).

Visto o expediente iniciado por instancia de Juan Manuel Toba Insua e María Oliva Castro Pérez, con DNI 32.757.230-D e 33.269.614-E, respectivamente, con domicilio en Lira, Carnota (A Coruña), que con data do 22-7-1994 solicitaron o pertinente permiso de actividade para a instalación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: cetaria.

-Especies: crustáceos.

-Situación: Portocubelo, Lira, Carnota (A Coruña).

-Superficie de dominio privado: 17,26 m.

* Superficie de estabulación:

Tres (3) piscinas: 2,28 m+3,17 m + 1,89 m = 7,34 m.

* Superfice resto dependencias: 9,92 m.

-Superficie dominio público: non precisa, xa que se alimentará de auga de mar, transportada por medio de camión cisterna, e funcionará en circuíto pechado.

Procedeuse á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería acorda acceder ó solicitado e outorgar a Manuel Toba Insua e María Oliva Castro Pérez, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha cetaria para o mantemento de crustáceos, sita en Portocubelo, Lira, Carnota (A Coruña), baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outorgase por un prazo de DEZ (10) ANOS, contados a partir da publicación da presente orde no DOG, que poderá ser prorrogada discrecionalmente, a petición dos interesados antes de sesenta (60) días do seu vencemento, por prazo de igual duración ata un total de trinta (30) anos.

Segunda.-A localización e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados. As obras das instalacións da cetaria deberán rematarse no prazo máximo de dous (2) anos.

Ó remate das obras deberá comunicarse á Delegación Territorial da Coruña, para efectos de practica-la correspondente inspección delas, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-Os titulares contraen a obriga de manter en bo estado as instalacións e estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecemento. Baixo ningún concepto poderanse modifica-las instalacións sen permiso expreso da consellería.

Cuarta.-O permiso de actividade ó que se refire este outorgamento extinguirase polo incumprimento dalgunhas das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Quinta.-Os titulares quedan obrigados ó cumprimento do disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, citada, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11 do 13.01.93) e demais concordantes que lle sexan de aplicación. Igualmente, queda obrigado ó cumprimento das disposicións en vigor relativas en materia laboral e de protección das industrias, e cantas disposicións se dicten sobre esta materia.

Sexta.-O outorgamento desta actividade non exime os seus titulares da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-Os titulares xustificarán o pago á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

1328